© Federación Autismo Galicia | 12/05/2023 | CURSO: CLAVES PARA ABORDAR A INFLEXIBILIDADE NO TEA
CURSO: CLAVES PARA ABORDAR A INFLEXIBILIDADE NO TEA
O obxectivo do curso é comprender a inflexibilidade de pensamento e de conduta nas persoas con TEA, apoiar e proporcionar ferramentas para abordar as súas necesidades. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
OBXECTIVO: Comprender a inflexibilidade de pensamento e de conduta nas persoas con TEA, apoiar e proporcionar ferramentas para abordar as súas necesidades.
DATA: Sábado, 10 de xuño de 2023
HORARIO: De 10h. a 14h.
MODALIDADE: Online (Zoom)
PERSOAS DESTINATARIAS: dirixido a persoas con TEA, familiares, profesionais e demais persoas interesadas.
NÚMERO DE PRAZAS: 100
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 30 de maio de 2023 ás 12h.
*Confirmaremos a praza (ou lista de espera) unha vez finalizado o prazo de inscrición.
PROGRAMA:
- Que implica ser flexible?
- A flexibilidade no desenvolvemento típico
- Inflexibilidade e TEA
- Pautas para o manexo da inflexibilidade condutual
- Abordaxe da inflexibilidade cognitiva
DOCENTE: María Llorente (Equipo Deletrea)
Psicóloga sanitaria e educativa. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid. Socia Fundadora do Equipo Deletrea, centro Especializado no Diagnóstico e Tratamento dos Trastornos do Espectro do Autismo e Trastornos Específicos da linguaxe. Terapeuta con certificación do Centro Hanen de Canadá para a formación e apoio a familias. Actividade profesional centrada no diagnóstico e tratamento de persoas con TEA e TEL, así como na formación de profesionais a través de cursos impartidos en centros educativos, programas de formación universitarios e participación en diferentes conferencias e seminarios.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO