© Federación Autismo Galicia | 24/04/2023 | Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA para profesionais
Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA para profesionais
Obxectivo do curso: Dinamizar e adaptar o exercicio físico e deporte para fomentar os hábitos de vida saudable e a participación das persoas con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 9 de maio de 2023 ás 12h.
Destinatarios: O curso está destinado a profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social, educativo e sanitario interesados no TEA.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
DATAS: Sábado 13 e domingo 14 de maio de 2023
Nº DE HORAS: 14 (8 horas teóricas e 6 horas prácticas)
HORARIOS:
- Sábado 13: De 9h. a 13h. e de 15h. a 19h.
- Domingo 14: De 9h. a 13h. e de 15h. a 17h.
MODALIDADE: Presencial no Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)
PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como outros/as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario interesados/as no TEA.
Nº DE PRAZAS: 25
NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 9 de maio de 2023 ás 12h.
*Confirmaremos a praza (ou lista de espera) e facilitarase o número de conta bancaria para realizar o ingreso, unha vez finalizado o prazo de inscrición.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
PROGRAMA:
SÁBADO, 13 DE MAIO
Autismo e Educación Física (9h. a 13h.)
- Que beneficios achega o exercicio físico?
- Por que realmente son importantes as actividades físico-deportivas no autismo en todas as etapas do ciclo vital?
- Alteracións da motricidade producidas por deficiencias a nivel do sistema vestibular, propioceptivo, etc.
- Utilización de actividades deportivas para a regulación emocional e conduta.
- Familias: formas de traballar, colaborar e apoiar ás familias de persoas con TEA.
Apoio ás persoas con TEA (15h. a 19h.)
- Exercicio físico individual e/ou colectivo: apoio para a comprensión de normas, competitividade, etc.
- Adaptación das actividades para a mocidade con percepcións sensoriais alteradas.
- Materiais a utilizar. Adaptación de materiais.
- Zonas de traballo adecuadas: seguridade, precaucións,etc. Aspectos relevantes na preparación das sesións de Educación Física en interior exterior.
- Xestión do tempo e espazo.
- Acceso e evolución das persoas con TEA nas actividades físicas.
DOMINGO, 14 DE MAIO
Da teoría á practica (9h. a 13h. e de 15h. a 17h.)
- Casos teórico-prácticos
- Traballo en equipo para a organización, estruturación e resolución de problemas relacionados coa Educación Física e o autismo.
- Espazo para preguntas e exposicións.
DOCENTE: Sergio Gómez Gallo
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Especialidade en deportes colectivos, recreación deportiva e traballo e educación en poboacións con necesidades especiais. Fundador e Director de empresa Deportea, destinada ao traballo con persoas con necesidades especiais. Traballo enfocado na actividade física e o deporte para a mellora psicomotriz de persoas con Autismo e todo tipo de trastornos que afecten á motricidade. Profesor e responsable da área de Educación Física en Chester College International School.
Organiza: Federación Autismo Galicia
Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria.
Lugar de celebración:
Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)