© Federación Autismo Galicia | 29/03/2023 | Acto do Día Mundial da Concienciación do Autismo da Asociación Familias Azuis.
Acto do Día Mundial da Concienciación do Autismo da Asociación Familias Azuis.
Un ano máis, a asociación Familias Azuis, no seu compromiso por dar visibilidade e concienciar á sociedade achega do TEA, organiza un evento coa Colaboración do Concello de Ponteareas e a empresa local Brinca Park.

O propio día, domingo 2 de abril, ás 12 horas na praza maior, danse cita para as seguintes actividades:
- Lectura da Manifesto
- Actuación musical do mozo ponteareán, Raúl Cousillas Roget, persoa TEA
- Construción dun infinito humano
- Talleres para niñ@s, debuxos e pinturas, pintacaras, piñata xigante co símbolo da campaña deste ano 2023
- Mesa informativa
A asociación convida os seus veciños e público en xeral a que os acompañen a conmemorar ese día tan especial de reevindicación das persoas autistas e as súas familias.
Lugar de celebración:
Praza maior do Concello de Ponteareas