Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 11/11/2022 | Xornada formativa: Como facer máis accesible a cultura?

Xornada formativa: Como facer máis accesible a cultura?

A Federación Autismo Galicia será poñente na xornada "Como facer máis accesible a cultura?" poderás coñecer de primeira man as necesidades das persoas con discapacidade no contexto cultural, pero tamén solucións e boas practicas. Planificar e implementar unha accesibilidade real na oferta cultural: das experiencias presenciais á cultura dixital. TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS PREME AQUÍ

 

17/11/2022 -

O xoves 17 de novembro a nosa entidade participará nesta xornada sobre accesibilidade na cultura, no Centro Ágora da Coruña, na que a nosa compañeira Aitana García, Responsable do Servizo de Accesibilidade, formará parte dunha das mesas de conversas.
Esta formación está dirixida calquera persoa interesada na accesibilidade, e especificamente a profesionais do sector cultural público e privado, para que coñezan a realidade das persoas con TEA, as barreiras que existen no seu acceso á cultura e as medidas de accesibilidade para eliminalas.

Que barreiras de acceso existen actualmente para que todas as persoas poidan gozar da oferta cultural presencial e dixital? Que medidas poden implementar as entidades culturais para derrubar esas barreiras? Que alianzas e servizos poden ofrecer as entidades sociais que traballan no eido da discapacidade?

TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS PREME AQUÍ

DATA: Xoves 17 de novembro de 2022

PROGRAMA

  • 9h | Acreditacións
  • 9h30 | Benvida e presentación da Xornada
    .
  • 10h | Mesa VISUAL
    • Nieves García Longueira (Responsable do Servizo de Ocio e Tempo Libre de ONCE-Galicia)
    • Ángeles Miguélez (Encargada Auxiliar de Sala na Rede Museística Provincial de Lugo).
      .
  • 11h | Mesa AUDITIVA
    • Rubén Capelán (Técnico de accesibilidade e xestor cultural)
    • Montxo Solórzano (Ex-realizador audiovisual, picadiscos e activista musical)
      .
  • 12h | Pausa-café
    .
  • 13h30 | Mesa FÍSICA
    • Fran Carreira Roca (Arquitecto, usuario e voluntario de GRUMICO, asesor de accesibilidade)
    • Mariluz Vázquez (Coordinadora técnica da Asociación ACADAR).
      .
  • 14h30 // XANTAR COMÚN, con petiscos e bebidas de comercio xusto (ofrecido por Solidariedade Internacional de Galicia, con opcións veganas e vexetarianas).
    .
  • 16h | SESIÓN PRÁCTICA e demostración de medidas de accesibilidade na cultura.
    .
  • 18h | Conclusións e peche das sesións formativas.
    .
  • 18h30 | Apertura do espazo para conversas post-xornada con música, petiscos e bebida.

 

TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS PREME AQUÍ

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Prazas limitadas asignadas por estrita orde de inscrición (data límite: luns 14/11/22).
  • Emitirase un diploma de asistencia ás persoas participantes na xornada.
  • Servizos de accesibilidade: Intérpretes de LSE / Equipo FM individual / 4 prazas para vehículos de persoas con mobilidade reducida no acceso principal do Centro Ágora.
  • Consúltanos calquera necesidade de accesibilidade ou dúbidas sobre a xornada en ola@bencuriosa.gal ou no teléfono/whatsapp 698 914 849‬ (en horario laboral).

 

ORGANIZA BenCuriosa

CO APOIO da Deputación da Coruña a través do seu programa de Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural.

 

Lugar de celebración:

Centro Ágora da Coruña

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades