Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 13/10/2021 | A Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza o Webinario: Mulleres con Discapacidade. Deportistas.

A Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza o Webinario: Mulleres con Discapacidade. Deportistas.

Organizado pola comisión da muller do CERMI Galicia da que forma parte a Federación Autismo Galicia. A xornada é de balde, e para asistir soamente debes inscribirte na seguinte ligazón Inscripción a la reunión Zoom.

21/10/2021 -

Contarase por unha banda cunha mesa de experiencias, na cal Mulleres deportistas relatarán en primeira persoa a súa experiencia particular neste eido.

E por outra banda, cunha mesa técnica de participación de diferentes profesionais relacionadas co deporte e a discapacidade no noso territorio.

CONSULTA OU DESCARGA O PROGRAMA NESTA LIGAZÓN

Os obxectivos deste webinario son:

  • Coñecer a realidade das mulleres con discapacidade no deporte en Galicia.
  • Dar visibilidade ás dificultades que atopan as mulleres en Galicia. En especial, ás mulleres con discapacidade no acceso ao deporte e no desenvolvemento dunha carreira deportiva.

A xornada é de balde, e para asistir soamente debes inscribirte na seguinte ligazón Inscripción a la reunión  Zoom.

DATA: xoves 21 de outubro de 2021 ás 11.00 h.

INSCRÍBETE NESTA LIGAZÓN

 

INFORMACIÓN E CONTACTO:

cermi.galicia@once.es 981206900 ext 121108

 

Lugar de celebración:

ONLINE

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades