Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia. | 19/05/2022 | ACTIVIDADE FORMATIVA NA ESCOLA INFANTIL MI PRIMER PASO

ACTIVIDADE FORMATIVA NA ESCOLA INFANTIL MI PRIMER PASO.

O equipo da Escola Infantil “ Mi primer Paso” formarase sobre o autismo en relación a detección temperá, a comprensión das características do Trastorno do espectro do autismo (TEA) e formas eficaces de apoio aos nenos e nenas con TEA e as súas familias na primeira infancia.

 

21/05/2022 -

As persoas con TEA teñen unha serie de necesidades específicas nas distintas etapas educativas, incluíndo as previas á escolarización obrigatoria

A educación con coñecemento específico en TEA e o apoio comunitario son os medios de intervención máis eficaces e efectivos para promover o desenvolvemento das persoas con TEA. A súa educación debe dirixirse a potenciar o desenvolvemento de habilidades que favorezan a súa participación na sociedade e que potencien as súas capacidades para responder ás cambiantes e esixentes demandas da contorna.

Con esta actividade formativa pretendemos ofrecer os técnicos de educación infantil “Mi primer paso” unha visión integradora que lles permita realizar unha detección nos nenos e nenas de sinais de TEA, comprender a naturaleza e variabilidade en canto a sintomatoloxía do TEA e ofrecer información de como intervir sobre as súas necesidades, favorecer o seu desenvolvemento e dar apoio ás familias.

 

DATA e HORA: 21 de Maio de 10.00 h a 14.00 h

RELATORAS: Cristina Couto, psicóloga Federación Autismo Galicia.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Escola Infantil Mi primer paso (Tomiño)

 

Lugar de celebración:

Escola Infantil Mi primer paso (Tomiño)

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades