Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 14/03/2023 | Da investigación á saúde mental nas mulleres con tea. Experiencias profesionais e testemuñas

Da investigación á saúde mental nas mulleres con tea. Experiencias profesionais e testemuñas

Coincidindo co mes do Día Internacional da Muller, o 9 de marzo puxemos o foco nas perspectivas de xénero das persoas con TEA, para entender a saúde mental e o benestar socioemocional da mulleres e nenas con autismo.

 

14/03/2023

Coincidindo co Día Internacional da Muller, desde a Federación Autismo Galicia realizamos un webinario sobre a saúde mental nas mulleres con autismo. É importante reflexionar sobre a necesidade dunha mirada con perspectiva de xénero para mellorar a comprensión do benestar socioemocional nas mulleres e nenas con autismo.

A presidenta de Autismo Galicia deu as gracias os participantes da xornada e os relatores da mesma:

Tivemos o pracer de contar coas intervencións de; María Tajes Alonso, do Servicio de Saúde Mental da Subdirección de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde como representante da Consellería de Sanidade, Angélica Gutierrez directora de proxecto da asociación Autismo Sevilla, Sabela Conde psicóloga e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), Ana Otero directora técnica da asociación Aspanaes, Paloma Rodriguez psicóloga da asociación Asperga, Rocío González filóloga inglesa e usuaria da asociación Asperga e Lorena Louzao docente de inglés de nenos e nenas e persoas adultas e usuaria de Asperga.

CONCLUSIÓNS DA XORNADA

Os trastornos do Espectro do Autismo maniféstanse cunhas características concretas nas mulleres. As marcadas diferencias e fallos no diagnóstico xerados polo nesgo de xénero fixeron que se considerase que había unha muller por cada 4 homes con TEA. Pero as melloras no diagnóstico están alterando esta proporción, situándose en 3/1 ou incluso 2/1.

O día 9 de marzo de 2023 desde Autismo Galicia realizamos un webinario máis que necesario, se temos en conta que sete de cada dez persoas con TEA presenta, polo menos, un trastorno comórbidos de saúde mental o longo da súa vida e experimental altos niveis de malestar psicolóxico. Sendo as mulleres con TEA, especialmente vulnerables.

ESTA É UNHA REALIDADE QUE AFECTA ENTRE 140.000 - 295.000 NENAS E MULLERES EN ESPAÑA.

É importante traballar na deconstrución dos nesgos de xénero na saúde e avogar pola formación dos profesionais, adaptando os nosos apoios ás necesidades de nenas e mulleres con autismo.

Realizábamos con Angélica Gutierrez un repaso antropolóxico pola concepctualización do TEA na muller. Explicábamos como a concepctualización actual do TEA non abarca as manifestacións tipicamente femininas do espectro. Isto debido ás diferencias en nesgos observables, nesgos nas Ferramentas diagnósticas, estereotipos a hora de percibir as condutas asociadas o autismo, estereotipos nas conductas das mulleres con TEA, estratexias compensatorias, boas habilidades interpersoais, diagnósticos previos erróneos, un baleiro no coñecemento sobre a presentación do autismo en nenas e mulleres e como impacta na súa calidade de vida.

Sabela Conde falounos  de como as mulleres camuflan o TEA con mecanismos de compensación, enmascaramento e asimilación. Presentou unha ferramenta de apoio o diagnóstico que están validando dende o grupo de investigación Genomics and Bioinformatics, en colaboración con Grupo de Medicina Xenómica. Trátase dunha ferramenta de apoio ao diagnóstico de autismo que mide a camuflaxe de trazos autistas en contextos de interacción social.  Nesta iniciativa poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen, completando e difundindo unha serie de cuestionarios en liña que miden aspectos emocionais.

Podedes ter máis información da participación na validación do cuestionario CAT-QS-ES: https://www.usc.es/cimus/es/noticias/el-cimus-lidera-un-proyecto-de-investigacion-para-evaluar-el-camuflaje-social-asociado-al

Para abordar as características e nesgos máis observables nas muller con TEA con discapacidade intelectual contamos con Ana Otero da asociación Aspanaes. Ana, falábanos de diferencias entre as mulleres con TEA e mulleres sen TEA como os problemas de saúde mental, as dificultades na contorna escolar ou hipersensibilidades. Facíamos con Ana un repaso polas necesidades nas diferentes etapas evolutivas, como por exemplo, na pubertade ou as dificultades provocadas pola menstruación.

Con Paloma Rodriguez da asociación Asperga, conversabamos  sobre os patróns de desbordamento social e sensorial nas mulleres con TEA sen discapacidade intelectual. As necesidades de apoio no contacto físico, na sexualidade, nas actividades da vida diaria ou autonomía, nas reunións de tipo social, nos cambios da rutina ou na vida laboral ou escolar.

Paloma expuxo do apoio nas estratexias de autorregulación emocional e abordaxe do estrés. A importancia de falar do diagnóstico, da identificación e xestión emocional, a xestión das stiuacións estresantes, de abordar a menstruación, pero tamén a maternidade ou a menopausia.

Tamén falamos da ideación suicidada, condutas autolesivas e suicidios elevados. Varios estudos  (equipos de Escandinavia, Suíza e Estados Unidos) mostran maior risco de ter ideación e condutas suicidas en mulleres con autismo. O infradiagnóstico e infratramento da Comorbilidade está asociado a un aumento de ideas e actos autolíticos e suicidio.

O 42 % DAS MULLERES E NENAS CON TEA RECIBIRON ANTES UN DIAGNÓSTICO ERRÓNEO OU INCOMPLETO.

O 42% das  mulleres e nenas con autismo recibiron polo menos un diagnóstico erróneo antes de obter un diagnóstico de TEA. Falamos de diagnóstico erróneos ou incompletos como: esquizofrenia, trastornos de personalidade, trastornos psicóticos, trastornos de estado de ánimo, trastornos de ansiedade  xeneralizada, xeneralizada social Trastorno obsesivo-compulsivo (TOC), Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), Trastorno bipolar Trastorno por tics, síndrome de Tourette, mutismo selectivo ou outros: síndrome de fatiga crónica, trastornos do sono, etc.

Non hai moitos estudos sobre a relación do TEA e os trastornos de alimentación. Os trastornos alimentarios poden comezar na adolescencia, cando a vida social comeza a volverse máis complexa.

A VISIBILIDADADE E REIVINDICACIÓN DE ROCÍO E LORENA FOI A FERRAMENTA PRINCIPAL DESTE WEBINARIO.

Para darlle visibilidade as mulleres con TEA e reivindicar as súas necesidades, contamos con Rocío González e Lorena Louzao da asociación Asperga.

Para Rocío o diagnóstico foi un alivio, non terminaba de encaixar. Dicíanos “aínda que o autismo vaime poñer retos, sinto tranquilidade polo futuro”, referíndose a que agora sabe cal son as súas necesidades e como ter apoio.

Por outro lado, Lorena falábanos de como se sentía na súa adolescencia e na etapa escolar. No caso de Lorena, falábanlle dun diagnóstico de altas capacidades. Considera que tivo fracaso escolar pero non pola súa aprendizaxe senón porque faltaba bastante polo rexeitamento e a falta de compresión por parte do profesorado.  Nunca desfrutou da contorna escolar.

Ambas relataron o que sentían cando recibiron un diagnóstico, ese sentimento de comprensión de si mesmas, pero por outra banda un sentimento de impostor e dúbida pola falta de comprensión na sociedade.

Rocío animaba a outras mulleres con sospeita de TEA a buscar profesionais con perspectiva de xénero. Lorena invitaba a outras mulleres con TEA a buscar  a sororidade entre elas mesmas. 

Gracias a súa presencia e autorepresentación podemos contribuír a sensibilizar a sociedade no que podemos chamar minoría entre a minoría: nenas e mulleres autistas.

Temos que poñer o foco na saúde mental das persoas con autismo, e temos que aplicar unha visión de coidados específicos da saúde de nenas e mulleres para proporcionar os coidados adecuados para mellorar a súa calidade na atención a súa saúde. Unha calidade de vida a que sen dúbida todas as nenas e mulleres no espectro do autismo teñen dereito.

A Editorial Federación Autismo Galicia editou unha guía na que se describen condutas máis específicas nas mulleres con tea e recursos que poden axudar neste proceso de coñecemento. Consulta ou descarga a Guía: A detección do TEA nas mulleres.

 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre a Consellería de Sanidade- Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias