Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 31/05/2023 | A valoración do grao de discapacidade poderase realizar por medios non presenciais cando as circunstancias así o aconsellen

A valoración do grao de discapacidade poderase realizar por medios non presenciais cando as circunstancias así o aconsellen

Segundo a Resolución publicada hoxe no BOE, que inclúe unha serie de supostos especiais que poden dar lugar á devandita valoración por medios non presenciais ou telemáticos.
A continuación destacamos os supostos nos que se pode solicitar a valoración do grao de discapacidade de forma non presencial.

31/05/2023

Segundo a Resolución publicada hoxe no BOE, que inclúe unha serie de supostos especiais que poden dar lugar á devandita valoración por medios non presenciais ou telemáticos.

O BOE publica hoxe a Resolución do 17 de maio de 2023, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se publica o Acordo da Comisión Estatal de Coordinación e Seguimento da Valoración do Grao de Discapacidade, relativo ás circunstancias especiais que poden dar lugar á valoración do grao de discapacidade por medios non presenciais ou telemáticos.

Segundo sinala esta Resolución, poderase facer a valoración da discapacidade de forma non presencial cando as especiais circunstancias das persoas interesadas así o aconsellen. O órgano competente para resolver, de oficio ou a instancia da persoa interesada, poderá acordar que o equipo multiprofesional realice a valoración por medios non presenciais ou telemáticos, quedando garantida en todo caso a accesibilidade universal e considerando os factores contextuais e ambientais na contorna habitual de residencia da persoa.

Resolución de 17 de mayo de 2023, del Instituto de Mayores y Servicios Sociales, por la que se publica el Acuerdo de la Comisión Estatal de Coordinación y Seguimiento de la Valoración del Grado de Discapacidad, relativo a las circunstancias especiales que pueden dar lugar a la valoración del grado de discapacidad por medios no presenciales o telemáticos.

 

A continuación destacamos os supostos nos que se pode solicitar a valoración do grao de discapacidade de forma non presencial:

  •  Cando a persoa interesada atópase inmobilizada ou se constate unha situación sociosanitaria que desaconselle o seu traslado ao centro de valoración.
  • Cando as circunstancias ambientais ou epidemiolóxicas dificulten ou desaconsellen a mobilidade da cidadanía.
  • En pacientes inmunodeprimidos ou en tratamento inmunosupresor, cuxa situación desaconselle o seu traslado.
  • Persoas institucionalizadas nas que se desaconselle o seu traslado.
  • Cando a documentación que conste no expediente ou que estea dispoñible nos sistemas de información dos servizos públicos de saúde, servizos sociais e educación, acheguen información obxectiva e suficiente para realizar a valoración e, no seu caso a revisión, e estímese que a cita presencial non vai achegar unha información relevante que poida modificar a valoración da discapacidade

 

 


Desde Autismo España traballan para que a valoración da discapacidade por medios non presenciais co novo baremo da discapacidade sexa sempre unha vía para facilitar este procedemento ás persoas cuxas circunstancias así o requiran, pero que non poida supoñer nunca un recorte dos seus dereitos ou unha diminución da atención por parte da administración.

Fonte Autismo España

Archivada en:
Infórmate > Noticias