Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 16/05/2023 | Información para familias e persoas con TEA: GUÍA DE AXUDAS E RECURSOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA e GUÍA DE DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA

Información para familias e persoas con TEA: GUÍA DE AXUDAS E RECURSOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA e GUÍA DE DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA

Dende a Federación queremos facilitar estes trámites renovando a nosa Guía de Discapacidade e Dependencia, para que as persoas e familias de persoas con TEA poidan tela á man para entendelo proceso e ter información de utilidade

16/05/2023

A solicitude e recoñecemento tanto de Discapacidade como de Dependencia é un proceso longo, tedioso e pode levar a momentos de desesperación que vai afectar a un gran número de familias e persoas con TEA

É por isto que dende a Federación queremos facilitar estes trámites renovando a nosa Guía de Discapacidade e Dependencia, para que as persoas e familias de persoas con TEA poidan tela á man para entendelo proceso e ter información de utilidade.

Ademais de estes dous recursos, derivados do recoñecemento de ambas existen outro  tipo de axudas ás que se pode optar.

É por este motivo que desde a Federación queremos axudar na media do posible con apoios ás familias e persoas con TEA cos trámites e recursos, para paliar a desinformación no máximo posible e poder entender mellor estes procedementos.

SOLICITUDE E A VALORACIÓN DE DISCAPACIDADE.

Segundo a definición do Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro no seu  Art. 2 , a Discapacidade é unha situación que resulta da interacción entre as persoas con deficiencias previsiblemente permanentes e calquera tipo de barreira que limiten ou impidan a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade condicións cos demais.

Unha vez se ten un diagnostico de TEA un dos pasos a seguir é a solicitude e a valoración de Discapacidade.

Queremos destacar ca nova lexislación no Real Decreto 888/2022, de 18 de outubro, que entrou en vigor o pasado 20 de Abril, onde ó fin se recolle especificamente trastornos do neurodesenvolvemento, trastornos do comportamento e as emocións de inicio na infancia e na adolescencia.

Neste sentido, podemos dicir que si supón un avance cara o modelo social da discapacidade. O novo baremo entende que as dificultades de desempeño que unha persoa atopa na súa vida cotiá non son só o resultado dun diagnóstico clínico, senón que as condicións que o provocan interactúan co contexto no que a persoa se desenvolve. Este pode incluír elementos que faciliten a vida da persoa ou, pola contra, barreiras que a dificulten de maneira significativa. As barreiras non son só físicas, senón tamén a ausencia de apoios, a complexidade da información, ou a falta de concienciación ou sensibilización cara á diversidade funcional.

Este cambio enténdese como un avance e créese debería favorecer ás persoa con TEA e recoñecérselle o grao que lle corresponde para poder recibir os apoios que necesiten.

Unha das novidades de este novo Baremo é o Anexo V, o cuestionario  do Baremo de avaliación  desempeño/ Restricións na participación BRP-QD(S)  ten carácter voluntario, non é obrigatoria a súa presentación pero si recomendable. O obxectivo é coñecer e recoller a opinión da propia persoa interesada sobre as dificultades concretas que presenta á hora de realizar as actividades cotiás da súa vida diaria e na súa contorna habitual. Debe presentalo cuberto o día da cita da valoración e será recollido polo/a técnico/a respectivo/a. A cumprimentar pola persoa solicitante e/ou axudada por unha persoa de referencia.

Unha vez se recoñece o grado de discapacidade que para ter efectos e posibles beneficios, este ten que ser igual ou superior ó 33 %

SOLICITUDE E A VALORACIÓN DE DEPENDENCIA.

Outro dos recursos recorrentes é a solicitude de Dependencia, que  define esta palabra na súa Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía  Persoal e Atención a persoas en situación de dependencia, no Art 2 como o estado de carácter permanente en que se encontran as persoas que por razóns derivadas da idade, enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención de outra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal.

Tanto o procedemento de solicitude de Discapacidade como de Dependencia necesitan cadansúa explicación, tempo e paciencia e é por iso que dende a Federación queremos apoiar ás familias e persoas con TEA ca publicación da Guía de Dependencia e Discapacidade.

CONSULTA OU DESCARGA AGUÍA DE DISCAPACIDADE E DEPENDENCIA

GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS E SERVIZOS PARA FAMILIAS

Por un lado o “Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030” saca cada ano unha Guía de Axudas Sociais e Servizos para Familias  indicando a todo o que se pode atopar información para familias non só para coñecelas axudas, si non tamén para saber a ónde acudir para solicitalas mesmas.( Admnistración Xeral do Estado, Comunidades autónomas-Xunta-, e Corportacións Locais- Concellos).

Dende a Federación sacamos tamén unha guía actualizada con axudas de maneiras resumida, centrándonos nas máis importante e querendo  facilitar a xestión das mesmas en Galicia.

CONSULTA OU DESCARGA A GUÍA DE AXUDAS E RECURSOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias