Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 05/04/2021 | A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia.
A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia.
“Un de Cen. Comprendendo ou espectro”, é un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN, que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención sobre as necesidades e realidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda ao redor da súa singularidade.
12/04/2021 -
A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia.
Hora: 16.30 h a 18 horas
Actividade online: xestionada pola Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense , Universidade de Vigo (Uvigo)
Docentes: María Garrido Salcedo (Psicóloga Por Eles TEA Ourense) Cristina Couto ( Psicóloga Federación Autismo
Galicia)
A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA SEGUE DESENVOLVENDO O PROXECTO 1 de 100 na Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense.
O día 12 de Abril, o Proxecto 1 de 100 “Un de Cen. Comprendendo o espectro”, que forma a futuros profesionais das tres Universidades Galega, seguirá o seu desenvolvemento coa conferencia na Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense da Universidade de Vigo.
A conferencia “ A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia, será impartida por María Garrido, psicóloga en Por Eles TEA Ourense e Cristina Couto, psicóloga da Federación Autismo Galicia.
Programa:
- Presentación da Federación Autismo Galicia e a súa entidade Por Eles TEA Ourense.
- O Trastorno do espetro do autismo (TEA) e as súas características a ter en conta no ámbito de traballo do profesional de enfermaría.
- Orientacións na mellora da atención sanitaria as persoas con TEA.
- Experiencias de proxectos, programas ou recursos dirixidos as persoas con TEA e as súas familias en relación a mellora da atención e comunicación por parte dos profesionais sanitarios.
“Un de Cen. Comprendendo ou espectro”, é un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN, que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención sobre as necesidades e realidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda ao redor da súa singularidade.
Lugar de celebración:
Actividade online: xestionada pola Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense , Universidade de Vigo (Uvigo)
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades