Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 10/03/2023 | Retos actuáis na atención e coidados do Trastorno do Espectro do Autismo: Comprendendo ó paciente con TEA, mellorando o coidado da súa saúde.

Retos actuáis na atención e coidados do Trastorno do Espectro do Autismo: Comprendendo ó paciente con TEA, mellorando o coidado da súa saúde.

A Federación Autismo Galicia xunto coa asociación Aspanaes realizou unha actividade formativa dentro do ciclo de conferencias FEP 2023 da Universidade da Coruña e a Escola de Enfermería e Podoloxía de Ferrol.

10/03/2023

Esta actividade estivo destinada ao alumnado de enfermería ao que asistiron máis de 80 alumnos e alumnas.

Emma Cuesta psicóloga do centro residencial Coral Seoane e responsable de saúde da asociación Aspanaes e Cristina Couto psicóloga e coordinadora de programas da Federación Autismo Galicia participaron o 7 de marzo no ciclo de conferencias dirixida ó alumnado da Facultade de Enfermería e podoloxía.

Esta xornada teñen por obxectivo favorecer o coñecemento sobre o TEA e a abordaxe práctica das dificultades que poden ter as persoas con TEA e as súas familias no acceso ás consultas sanitarias. 

Ademais o estudantado puido coñecer os recursos e materiais da nosa colección de saúde que poden ser de utilidade para o paciente con TEA, familias e para os profesionais da saúde. Ou o proxecto “Dentisteando” da asociación Aspanaes. Un proxecto de habituación a consulta odontolóxica, que evidenciou moitas das explicacións e contidos expostos na conferencia.

Púxose en valor, como a través de sinxelas estratexias e ferramentas en consultas, o profesional de enfermería pode mellorar o seu desenvolvemento profesional e ofrecer unha atención asistencial de maior calidade.

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias