Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 21/02/2023 | Webinario: Da investigación á saúde mental nas mulleres con TEA. Experiencias profesionais e testemuñas

Webinario: Da investigación á saúde mental nas mulleres con TEA. Experiencias profesionais e testemuñas

Actividade de sensibilización da Federación Autismo Galicia co gallo do día internacional da muller. Dirixida a persoas con TEA, familias, profesionais e demais persoas interesadas.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

09/03/2023 -

Descrición: Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as investigación máis recentes entorno ao xénero feminino e experiencias prácticas profesionais sobre o coñecemento da saúde mental e apoio das necesidades das mulleres con autismo, e testemuñas vitais de mulleres con TEA sobre as súas vivencias  e experiencias de coidado.

*Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

Data:  9 de Marzo de 2023.

Horario: 17 h. – 19 h.

Modalidade: Online (Zoom).

Persoas destinatarias: dirixido a persoas con TEA, familias, profesionais e demais persoas interesadas.

Número de prazas: 100

PREZO: Gratuíto.

Prazo de inscrición: Ata o martes 7 de marzo de 2023.

*Confirmaremos a praza e facilitaremos o enlace zoom, por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

Programa

Presentación do webinario:

  • Mercedes Fernández Angulo, presidenta da Federación Autismo Galicia: 
  • María Tajes Alonso, xefa do Servizo de Saude Mental da Subdirección Xeral de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde,

        Modera Cristina Couto.

 

Bloque I : A Muller con TEA e Investigacións máis recentes.

  • Contextualización antropolóxica e investigación máis recente na muller con TEA con e sen Discapacidade intelectual. Angélica Gutiérrez. Autismo Sevilla.
  • CAT-Q: tradución e adaptación cultural dunha ferramenta sensible á camuflaxe sintomatolóxica en nenas e mulleres con diagnóstico de TEA. Sabela Conde. Fundación Galega de Medicina Xenómica.

Bloque II: A saúde socioemocional das mulleres con TEA.

  • As mulleres con TEA con discapacidade intelectual. A saúde socioemocional en todas a etapas da vida. Ana Otero. Asociación Aspanaes.
  • Acompañando no coidado da saúde mental á muller con TEA sen discapacidade intelectual. Paloma Rodriguez. Asociación Asperga.
  • A miña saúde mental. Experiencias de muller/es con TEA. Asociación Asperga. Lorena Louzao e Rocío González.

 

 

 

Organiza: Federación Autismo Galicia

Financiado por: Convenio de Colaboración entre a Consellería de Sanidade- Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

Lugar de celebración:

Modalidade: Online (Zoom).

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades