Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 03/12/2021 | A Federación Autismo Galicia participa no acto do CERMI Galicia polo Día das Persoas con Discapacidade.

A Federación Autismo Galicia participa no acto do CERMI Galicia polo Día das Persoas con Discapacidade.

No Día da Discapacidade Autismo Galicia súmase ao manifesto do CERMI "Pola culminación da primeira reforma social da Constitución Española". Nesta ocasión, céntrase na reforma da Constitución Española para a plena garantía dos dereitos das persoas con discapacidade na Carta Magna.

03/12/2021

No Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, a Federación Autismo Galicia xunto as entidades que conforman o CERMI Galicia súmase ao manifesto do CERMI con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade.

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra cada ano o 3 de decembro, Autismo Galicia súmase ao manifesto do CERMI "Pola culminación de primeira reforma social da Constitución Española" , e poia as reivindicacións expostas polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade. Nesta ocasión, céntrase na reforma da Constitución Española para a plena garantía dos dereitos das persoas con discapacidade na Carta Magna.

Dende o sector social recoñecemos como un fito a reforma e actualización do artigo 49 da Constitución Española, levada a cabo en maio deste ano, no que se refire á protección e promoción dos dereitos das persoas con discapacidade. Tras corenta anos da primeira redacción, modificouse o texto inicial, actualizando a linguaxe, a estrutura e o contido, logrando un compromiso cos dereitos, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade. Esta reforma na Constitución supón un avance e agora, quedan outros pasos que avanzar.

No acto conmemorativo estiveron presentes a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo e a xerente da Federación, Patricia Blanco Riveiro.

O acto contou coa presencia da conselleira de política social, Fabiola García, o director xeral de  maiores e discapacidade, Fernando Abeijón, e por parte de CERMI Galicia estiveron presentes o seu presidente, Luciano Fernández; e o seu secretario  xeral, Carlos Fernández, acompañados de 45 persoas en representación das distintas discapacidades, entre elas as nosas reprsentates da Federación, a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo e a xerente da Federación, Patricia Blanco Riveiro.

Durante o acto, fíxose a estrea dun vídeo conmemorativo que conta, a través de testemuños e experiencias de persoas con discapacidade, como lles gustaría ser tratadas, cunha mención especial á terminoloxía usada no artigo 49 da Constitución. E deuse lectura ao manifesto que se elaborou para conmemorar este día por parte de dúas persoas con discapacidade.

Este ano o manifesto, elaborado por CERMI Estatal e ao que se adheriu CERMI Galicia, reclama a todas as formacións políticas que apoien a reforma do artigo 49 do texto constitucional porque nin a terminoloxía empregada nin o contido “están aliñados coa visión plena de dereitos humanos, que é a única abordaxe admisible en relación coa discapacidade”.

MANIFESTO

Nas sociedades democráticas, a Constitución é a máxima e superior expresión do ordenamento xurídico; a que establece os dereitos e deberes da cidadanía; a que ordena a convivencia social conforme aos principios e valores da liberdade, a igualdade e o pluralismo; a que define e asegura as formas democráticas de goberno e a que regula o funcionamento dos poderes públicos, que han de estar ao servizo da comunidade, promovendo o ben común.

As persoas con discapacidade, como parte valiosa da familia humana e das comunidades sociais e políticas en que esta se organiza, han de ter reflexo nas Constitucións desde un enfoque esixente de dereitos humanos, que garanta a súa inclusión, participación e benestar, sen discriminacións nin relegaciones de ningún tipo.

A Constitución Española de 1978, vixente na actualidade, incorporou expresamente ás persoas con discapacidade ao seu texto, dedicándolles o artigo 49, o que representou un gran avance por canto este grupo social, tantas veces omitido e desconsiderado ao longo da historia, gozaba de visibilidade, sendo relevante para os efectos da promoción e a protección constitucionais dos seus dereitos.

A pesar dese logro poucas Constitucións no mundo nese momento tiñan presente ás persoas con discapacidade-, tras máis de corenta anos desde a aprobación da Constitución Española, o seu artigo 49 necesita unha renovación, porque nin a terminoloxía empregada nin o contido están aliñados coa visión plena de dereitos humanos, que é a única abordaxe admisible en relación coa discapacidade. A Constitución de 1978 mellórase a si mesma, profunda e estende os seus principios, valores e mandatos se actualiza a súa mirada sobre as persoas con discapacidade.

 

Consciente desta necesidade de cambio, o movemento social da discapacidade leva anos propoñendo a reforma do artigo 49 da Constitución Española, que sería a primeira de contido  nítidamente social do Texto Legal máximo nos seus máis de catro décadas de vixencia. E isto, sempre co maior dos consensos políticos e sociais, pois os dereitos das persoas con discapacidade son un elemento do acervo compartido das sociedades democráticas avanzadas, que serven para superar as disputas e as fracturas tan estendidas na vida política.

Tras anos de esforzo do sector social da discapacidade, auténtico promotor deste proceso de modificación constitucional, na primavera deste ano 2021 chegaba por fin ás Cortes Xerais, remitido polo Goberno de España, un proxecto de reforma do artigo 49 da Constitución Española, que espera a ser debatido e tramitado, se reúne as maiorías reforzadas necesarias cando se trata de cambios no texto constitucional, para resultar aprobado e entrar finalmente en vigor.

A reforma proposta, produto de debates parlamentarios, sociais e académicos previos, que alcanzaron un elevado grao de coincidencia, desterra expresións ferintes e insostibles por máis tempo para referirse ás persoas con discapacidade (“diminuídos”) e dota dun novo contido ao artigo conforme os conceptos, valores e propósitos que hoxe configuran un entendemento e práctica apropiados dos dereitos e deberes das persoas con discapacidade, facendo mención expresa ás mulleres e nenas con discapacidade.

O clamor cidadán que alentou esta reforma -que en si e por si mesma é unha mellora de país, que eleva a calidade do texto constitucional e o seu nivel de esixencia ética, política e xurídica, ao comprometerse máis intensamente cos dereitos, a inclusión, o benestar e a dignidade desa parte da diversidade social que son as persoas con discapacidade- ha de verse necesariamente acompañado por todas as forzas políticas con representación parlamentaria, mediante a expresión dun apoio firme e claro.

Ante este fito social, que despois de moitas vicisitudes e dilacións hoxe é máis real e próximo que nunca, desde o movemento  CERMI, no Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, reclamamos a todos os partidos políticos, en especial a aqueles que mostraron reticencias, que se somen, co seu respaldo, intervindo  parlamentariamente para perfeccionar o texto de partida, á primeira reforma social da Constitución Española, que vén da man das persoas con discapacidade e das súas familias, e que non pretende senón facer do noso país un proxecto máis suxestivo e decente de vida en común.

 


 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias