Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 08/02/2023 | No día internacional da Epilepsia, lembramos que é un dos trastornos neurolóxicos asociados máis frecuente nas persoas con trastorno do espectro do autismo.

No día internacional da Epilepsia, lembramos que é un dos trastornos neurolóxicos asociados máis frecuente nas persoas con trastorno do espectro do autismo.

O 8 de febreiro celébrase o día internacional da epilepsia. É un día para dar visibilidade a esta alteración e as dificultades que teñen máis de 50 millóns de persoas. Moitos estudos identifican a alta prevalencia de epilepsia con TEA, chegando a estimar entre  2 % e 46 %, dependendo da idade ou criterios diagnóstico.

08/02/2023

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a epilepsia como un espectro de alteracións cerebrais nas que o patrón normal de actividades neuronais está alterado.  Cada episodio de disfunción neurolóxica se denomina crisis; estas poden ter carácter convulsivo cando se acompañan de manifestacións motoras ou se pode manifestar por outras alteracións na función neurolóxica, por exemplo, alteracións sensitivas cognoscitivas ou emocionais. Calculase que afecta entre o 0,5 e 2 % da poboación xeral e pode aparecer a calquera idade.

Moitos estudos identifican a alta prevalencia de epilepsia con TEA, chegando a estimar entre 2 % e 46 %, dependendo da idade e criterios diagnóstico. 

As revisións bibliográficas  (Lukmanji, Sara, et al. "The co-occurrence of epilepsy and autism: A systematic review." Epilepsy & Behavior 98 (2019): 238-248) destacan a importancia da detección do autismo en persoas que teñen epilepsia e a epilepsias en persoas que teñen autismo e poden axudar a ver as patoxéneses compartida entre as dúas. 

A alta frecuencia de comorbilidade da epilepsia cos TEA suxire que existe unha base neurobiolóxica e xenética común os dous trastornos.

A información recompilada por Autismo España no seu estudo que realiza desde 2015 sobre as características sociodemográficas das persoas no espectro do autismo en España confirman estes datos: a epilepsia e as crises epilépticas recorrentes son as condicións identificadas con maior frecuencia nesta categoría (14,48%).

En ambos os casos afectan en maior medida ás mulleres (20,97%) que aos homes (12,99%). Todo isto pon de manifesto a necesidade de incrementar o coñecemento sobre a asociación entre o TEA e a epilepsia, especialmente sobre como impulsar a súa abordaxe na práctica clínica e no apoio que necesitan as persoas que as manifestan.

Premendo aquí podes acceder a ENTREVISTA que Autismo España realizou a Fernando Carvajal, profesor titular da Universidade Autónoma de Madrid e director do Departamento de Psicoloxía Biolóxica e da Saúde.

 

 

PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

 

 

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias