Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 03/02/2023 | CALENDARIO institucional da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2023 #DiagnósticoAutismo #PorTiTEA

CALENDARIO institucional da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2023 #DiagnósticoAutismo #PorTiTEA

12 testemuñas que demóstrannos que é necesario seguir traballando na liña de sensibilización e coñecemento do autismo. Para asegurar un adecuado recoñecemento do autismo é fundamental a súa detección precoz e o diagnóstico adecuado, de forma que se garantan os apoios necesarios para promover a súa participación e inclusión social.

21/01/2023

"O diagnóstico foi a porta que se abriu cara a un futuro no que saberiamos buscar os apoios necesarios”.

O CALENDARIO 2023 por o foco na incidencia da IMPORTANCIA DA DETECCIÓN e DIAGNÓSTICO do TEA.

  • É necesario seguir traballando na liña de sensibilización e coñecemento dos TEA.
  • Para asegurar un adecuado recoñecemento do TEA é fundamental a súa detección precoz e o diagnóstico adecuado, de forma que se garantan os apoios necesarios para promover a súa participación e inclusión social.
  • Un proxecto dedicado a Información e Sensibilización que xorde ante a necesidade de pór o foco as necesidades e realidade das persoas con TEA, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á súa singularidade.

"É tanta a incerteza, aínda que teñas un diagnóstico pechado, que imaxínate se non o chegas a ter, e non saber por onde empezar para axudar ao teu fillo."

Temos que incidir na necesidade do acceso a unha valoración diagnóstica especializada realizada por un equipo interdisciplinar, gratuíta e no menor tempo posible, para todas as persoas que presenten unha sospeita de tea, con independencia da etapa da vida na que se produza a identificación das súas características.

Recibir un diagnóstico temperá é importante para que as persoas poidan acceder canto antes a apoios e servizos especializados, sobre todo na infancia, cando recibir atención temperá é unha necesidade fundamental.

Algunhas persoas no espectro do autismo chegan á vida adulta sen ser diagnosticadas: principalmente, aquelas que non teñen discapacidade intelectual, que presentan habilidades lingüísticas adecuadas ou cuxas manifestacións clínicas se presentan de maneira máis sutil.

"Un diagnóstico tardío ou incorrecto pode impedir que se reciban os apoios adecuados e dificulte o desenvolvemento das competencias persoais e de estratexias positivas de afrontamento da vida cotiá."

En xeral, canto antes se identifique e se interveña sobre o TEA, mellor será o prognóstico e a calidade de vida para as persoas que o presentan. Un diagnóstico tardío ou incorrecto pode impedir que se reciban os apoios adecuados e dificulta o desenvolvemento das competencias persoais e de estratexias positivas de afrontamento da vida cotiá.

"Daquela non se coñecía o autismo e as poucas ideas que había eran erróneas; por iso ás familias con fillos/as con autismo chamábannos “viaxeiras” porque tiñamos que andar buscando dentro e fóra do noso país a alguén que nos dera un diagnóstico.

Hoxe as cousas cambiaron, e as familias podemos estar tranquilas porque xa hai redes de servizos de apoio sen ter que pensar en facer as maletas e mudarse."

DESCARGA O CALENDARIO institucional da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2023 #DiagnósticoAutismo #PorTiTEA

 

 

O deseño desta campaña foi realizado pola Federación Autismo Galicia e forma parte da Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias