Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 01/02/2023 | Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2023 a Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan o Acto Institucional e Xornada: Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA.

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER 2023 a Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan o Acto Institucional e Xornada: Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA.

Con motivo do 18 de febrerio, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER, poñeremos o foco no obxectivo de dar a coñecer claves e experiencias sobre como promover e apoiar a participación activa das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) nas organizacións do tecido asociativo, e a súa a vida independente e inclusión na comunidade. INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA". CUBRINDO ESTE FORMULARIO.

01/02/2023

ACTO INSTITUCIONAL e Xornada: "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA." con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER.

O 18 de febreiro celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger, data instaurada en 2007 para visibilizar e reivindicar os dereitos das persoas con síndrome de Asperger, é dicir, con trastorno do espectro do autismo (TEA) sen discapacidade intelectual asociada nin dificultades en aspectos formais da linguaxe.

Este ano poñeremos o foco en reclamar á sociedade que “faga espazo” ás persoas con síndrome de Asperger é os procesos de toma de decisión, en calquera ámbito da súa vida, tanto persoal como profesional.

Para a conmemoración deste día a Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizan un acto oficial e a Xornada: "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA."na que poñeremos o foco no obxectivo de dar a coñecer claves e experiencias sobre como promover e apoiar a participación activa das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) nas organizacións do tecido asociativo,e presentarase o Programa DES-PEGUE sobre vida independente e inclusión na comunidade.

Contaremos coa presenza da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez, da tenente de alcalde do Concello de Santiago, Mercedes Rosón Ferreiro, a presidenta da Asociación Asperga, Rita González Fernández, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

Tras a presentación oficial daremos paso a Xornada presencial na que compartiremos claves e experiencias cara a vida independente e a inclusión na comunidade das persoas con TEA. Poñendo o foco en solucións e estratexias sobre como promover e apoiar a participación activa das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) nas organizacións do tecido asociativo.

ABERTO A TODO PUBLICO!

#Hazespacio ás persoas con síndrome de Asperger

Data de realización:: 11 de Febreiro do 2023
Lugar de realización:: Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche. Santiago de Compostela.
Hora: de 10:30h a 13:30h
INSCRÍBETE AO ACTO OFICIAL E XORNADA "Gobernanza inclusiva cara a vida independente das persoas con TEA". CUBRINDO ESTE FORMULARIO.

PROGRAMA DO EVENTO

  • PRESENTACIÓN ACTO OFICIAL

De 10:30h a 11:00h
Contaremos coa presenza da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez, da tenente de alcalde do Concello de Santiago, Mercedes Rosón Ferreiro, a presidenta da Asociación Asperga, Rita González Fernández, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

  • Conferencia Gobernanza Inclusiva de persoas con TEA

- Marisol García Penalta, Directora da Asociación Asperga.
- José Manuel Lamas Perez Cepeda, Secretario da Xunta Directiva da Asociación Asperga.
- Breixo Santa García (Vogal da Xunta Directiva da Asociación Asperga.

  • Conferencia e presentación do Programa DES-PEGUE

-María José Vaamonde - Coordinadora do programa.

  • Conclusións e preguntas

Cristina Couto Pena, psicóloga da Federación Autismo Galicia e ponentes.

 

 

Unha actividade subvencionada pola Xunta de Galicia. Consellería de Política Social.

 

Outras actividades programadas pola Asociación Asperga con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER.

MARTES 14 DE FEBREIRO

Data de realización:: 14 de Febreiro do 2023
Lugar de realización:: Sporting Club Casino. Rúa Real 83. A Coruña.
Hora: 18:00h

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

MARTES 28 DE FEBREIRO

Data de realización:: 28 de Febreiro do 2023
Lugar de realización:: Real Academia de Mediciña de Galicia.
Hora: 18:00h

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

QUÉ É A SÍNDROME DE ASPERGER?

O  TEA é un trastorno complexo do  neurodesarrollo que acompaña á persoa durante todo o seu ciclo vital.

Porque é un ESPECTRO? Considérase un espectro porque aínda que todas as persoas con  TEA comparten dificultades na comunicación social, o pensamento e a conduta inflexible,  atopamos unha ampla variación no tipo e a gravidade dos síntomas.

As manifestacións dos síntomas son diferentes en cada persoa concibíndoo como un trastorno enormemente heteroxéneo e como un conxunto máis que como unha categoría que describa un modelo de ser.

Podemos referirnos ao tradicionalmente denominado “síndrome de Asperger” como trastorno do espectro do autismo sen discapacidade intelectual asociada nin dificultades en aspectos formais da linguaxe.

Características del síndrome de Asperger

As persoas con síndrome de Asperger comparten as características nucleares do TEA, que se manifestan fundamentalmente en dúas áreas do seu desenvolvemento evolutivo e funcionamento persoal: a comunicación social e a flexibilidade do comportamento e do pensamento.

Polo que respecta á comunicación, por exemplo, teñen dificultades para entender a comunicación non verbal (xestos, expresións faciais, ton de voz, etc.), as mensaxes sutís que se transmiten a través desta canle ou o significado non literal da linguaxe (moitas veces non entenden as bromas, os chistes, as metáforas ou os sarcasmos).

En relación coa flexibilidade do comportamento, as persoas con síndrome de Asperger teñen dificultades para recoñecer e comprender as regras sociais “non escritas”, resúltalles complexo intuír cales son os sentimentos e emocións doutras persoas (polo que pode parecer que non os teñen en conta) e atopan difícil expresan as súas propias emocións dunha maneira convencional.

A  inflexibilidad de pensamento maniféstase, por exemplo, en que a súa forma de pensar é ríxida e concreta, o que lles fai ter dificultades en tarefas que requiren flexibilidade ou procura de alternativas para a resolución de problemas; as rutinas proporciónanlles seguridade e pautas concretas de actuación; ten intereses moi concretos e específicos sobre os que chegan a ser expertos.

Prevalencia

Aínda que descoñecemos o número exacto de persoas que presentan TEA sen discapacidade intelectual asociada, ou síndrome de Asperger, diversos estudos de prevalencia da discapacidade intelectual na poboación infantil e adolescente con  TEA (menores de 18 anos) apuntan a que poderían representar ao redor dun 45-70% do colectivo  TEA.

A SITUACIÓN EN GALICIA

Estímase que 1 de cada 100 nacementos pode ser unha persona con TEA, iso deixanos con case 27.000 persoas con TEA en Galicia.

A Federación Autismo Galicia representa, apoia e defende os dereitos de máis de 10.000 persoas, familias e persoas con  TEA, as súas 16 entidades conforman a plataforma e amparo necesario para a defensa dos dereitos e necesidades das persoas con TEA.

A nosa aspiración é ofrecer un armazón de servizos que apoien e cubran todas as necesidades e demandas das persoas con TEA e as súas familias durante todo o traxecto da súa experiencia vital. Por este motivo estamos nun estado permanente de revisión, crecemento e construción de obxectivos, cos que obter unha maior calidade de vida, de servizos, de atención directa e de formación.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias