Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 14/09/2020 | Reunión de traballo coa Consellería de Educación

Autismo Galicia traslada as necesidades do colectivo no marco da emerxencia sanitaria polo Covid19 na reunión de traballo coa Consellería de Educación

Desde a Federación Autismo Galicia esperamos seguir contribuíndo continuadamente no desenvolvemento de medidas que garantan a seguridade e adaptación do alumnado con TEA

14/09/2020

Esta mañá realizouse unha reunión de traballo entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co incorporado Conselleiro Román Rodríguez, e responsables das distintas entidades involucradas na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

A reunión centrouse na atención á diversidade no ámbito educativo, no marco da emerxencia sanitaria por Covid 19 e contou tamén coas aportacións de profesionais de entidades federadas de Aspanaes, Asperga, Fundación Menela e TEAVI.

Dende a Consellería presentouse o desenvolvemento do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021 do 31 de Agosto, e informou as entidades que nestes momentos as pautas establecidas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo están en fase de discusión sanitaria para a elaboración dun protocolo específico.

As cuestións que  a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional achegará ao comité de expertos baséanse tamén nas aportacións feitas polas entidades como; a imposibilidade de usar máscaras por parte de alumnos/as con TEA, a dificultade de manter en moitos casos a distancia de seguridade, a necesidade de ter medidas moi específicas en tempo de comida ou aseo, a atención co alumnado que non fai uso dun pupitre, as medidas que garantan unha  intervención  en audición e linguaxe segura e eficaz, pautas de prevención do alumnado en modalidade combinada, organización das unidades de  educación especial con máis de 5 alumnos ou alumnas, etc.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional conta ter nos próximos días un protocolo específico que afecta ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Desde a Federación Autismo Galicia e a súa rede de entidades esperamos seguir contribuíndo continuadamente no desenvolvemento de medidas que garantan a seguridade e adaptación do alumnado con TEA. Tendo en conta a necesidade de apoios e medidas específicas para as persoas con TEA e a necesidade de ter unha coordinación eficaz  xunto coa Consellería de Sanidade nos que se garanta unhas boas canles de comunicación para resolver dificultades que se vaian producindo.

Archivada en:
Infórmate > Noticias