Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 09/09/2020 | OBRADOIRO SOBRE O TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
OBRADOIRO SOBRE O TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Coñecemento sobre o autismo en relación as súas caracteristicas, causas, intervención e formas eficaces de apoio as persoas con TEA e as súas familias. Imparte Cristina Couto, Psicóloga da Federación Autismo Galicia.
23/09/2020 - | Porto do Son
O Concello de Porto do Son retoma a súa programación formativa este mes cun curso sobre o trastorno do espectro autismo (TEA). O curso, organizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade-, vai ter lugar o vindeiro mércores 23 de setembro no auditorio da casa da cultura sonense, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Imparte Cristina Couto, Psicóloga da Federación Autismo Galicia.
Lugar de celebración e datas: Salón de Actos da Casa de Cultura do Porto do Son
Rua da Atalaia – Porto do Son
23 de septembro do 2020
Horario: 16.00– 20.00 horas
As persoas interesadas en sumarse a esta actividade deben formalizar a súa inscrición no servizo de orientación laboral do Concello do Son enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: jose.pazo@portodoson.gal. A fecha límite para anotarse é o 14 de setembro e as prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición.
Obxectivos:
- Difundir o coñecemento sobre o autismo en relación as súas caracteristicas, causas, intervención e formas eficaces de apoio as persoas con TEA e as súas familias.
Programa:
1. Características xerais sobre o TEA
Introdución o estudo dos TEA. Unha aproximación conceptual.
Definición e características
Falsas crenzas
Prevaleza Causas
Sinais de alerta-primeiras sospeitas
Diagnóstico especializado
Decisións inmediatas tras o diagnóstico
2. O TEA nas distintas etapas evolutivas
Primeira infancia (0-3 anos)
Idade escolar (3-12 anos)
Adolescencia
Adultos
3. As necesidades das persoas con TEA
4. A contorna familiar do neno con TEA
Necesidades da familia e orientacións
Pais
Irmáns
Outra familia e amigos.
Docente:
Cristina Couto Pena.- Psicóloga e responsable do área de programas de Autismo Galicia
Dirixido a:
Familiares ,cuidadores e ciudadanía en Xeral
Programadora:
Begoña Garcia Cepeda
Lugar de celebración:
Salón de Actos da Casa de Cultura do Porto do Son
Rua da Atalaia – Porto do Son
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades