Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 17/12/2020 | A Rede de Accesibilidade Cognitiva de Federación Autismo Galicia traballa de forma coordinada na mellora das actuacións en accesibilidade.

A Rede de Accesibilidade Cognitiva de Federación Autismo Galicia traballa de forma coordinada na mellora das actuacións en accesibilidade.

Formación da Rede de accesibilidade cognitiva de Autismo Galicia.

 

05/09/2021

Dende a Federación Autismo Galicia parte unha iniciativa na que converxen as asociacións federadas da rexión, para o desenvolvemento dun servicio de concienciación e de transformación da nosa contorna, baseado en actuacións concretas en accesibilidade cognitiva de aplicación nos diferentes espazos e servicios que nos rodean, así coma para a promoción da formación, asesoramento e sensibilización. Para iso, a Rede de accesibilidade cognitiva de Autismo Galicia, deuse cita nunha contorna virtual para xestionar a formación específica da Rede.

 

As entidades da Federación Autismo Galicia,  co gaio de capacitar á rede do servizo de accesibilidade cognitiva e contribuír a mellorar a accesibilidade cognitiva das persoas con TEA, realizaron diversas actividades formativas dirixidas a promover adaptacións en accesibilidade cognitiva, a conformación dun grupo de traballo coordinado, a colaboración para a divulgación da accesibilidade cognitiva a través de accións específicas e de formación, e ademais, para homoxeneizar o establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias