Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 18/09/2023 | O proxecto 1 de 100 plus continua a súa andaina formativa có colexio de medicina da Coruña para a mellora da atención ao paciente con TEA nos contextos sanitarios

O proxecto 1 de 100 plus continua a súa andaina formativa có colexio de medicina da Coruña para a mellora da atención ao paciente con TEA nos contextos sanitarios

O proxecto 1 de 100 PLUS da Federación Autismo de Galicia, ten como obxectivo a sensibilización por medio dunha formación gratuíta - enfocada aos profesionais do ámbito sanitario- achegando as particularidades do trastorno do espectro do autismo e as estratexias en accesibilidade cognitiva para a mellora das intervencións e contornas sociosanitarias

18/09/2023

O proxecto 1 de 100 Plus, é un proxecto financiado pola Fundación ONCE e está destinado a superar barreiras cognitivas e comunicación social que obstaculizan o desenvolvemento autónomo da persoa con trastorno do espectro do autismo, en diante TEA, nos servizos e centros sanitarios que realizan o apoio terapéutico ás súas necesidades.

1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais do territorio galego, ademais de contribuír a: á sensibilización, á mellora do coñecemento dos profesionais colexiados, e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas.

FOMENTAR A SENSIBILIZACIÓN E AS BOAS PRÁCTICAS NOS SERVIZOS PROFESIONAIS DE PROXIMIDADE

Dende a Federación Autismo Galicia, proseguimos cun proxecto de formación en accesibilidade cognitiva para os Colexios Profesionais de Galicia no ámbito sanitario: o Proxecto 1 de 100 Plus. Por medio dunhas charlas teórico-prácticas fomentaremos a sensibilidade nas actuacións dos profesionais cara o perfil de usuarios/as con TEA e as súas familias.

O proxecto 1 de 100 Plus encamíñase, tamén, na mellora da accesibilidade cognitiva no ámbito sanitario máis próximo, e con iso subliña as necesidades e características propias das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, para concretar uns recursos axeitados e que os profesionais poidan establecer canles accesibles de comunicación e trato.

En este mes de setembro, estivemos xunto ao Colexio profesional  de Médicos de A Coruña, establecendo canles para a sensibilización e a transformación activa no eido da accesibilidade cognitiva nas consultas ou centros sociosanitarios, así como nas contornas hospitalarias. Estas formacións permítennos achegar posturas e poñer en común coñecemento para mellorar a experiencia nestes contextos das persoas con  autismo, e dos seus acompañantes.

DESEÑO UNIVERSAL EN TODOS OS ÁMBITOS DA NOSA SOCIEDADE

Esta iniciativa pretende incidir sobre a necesidade fundamental de ter profesionais formados e accesibilidade cognitiva e na especialización de TEA que palíen o descoñecemento e vulnerabilidade co que frecuentemente atópanse na atención e o acceso aos servizos, as persoas con TEA.

A concienciación e a implementación do deseño para todos, é o único proceso para conseguir que o maior número de persoas (con independencia da súa idade, condición ou capacidade) poidan comprender, usar e desfrutar dun servizo profesional.

O pasado día 6 de setembro de 2023, tivo lugar a formación para os profesionais do Colexio Oficial de Medicina de A Coruña.

 

 

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias