Cookies

Noticias 

© Federaciñon Autismo Galicia | 20/05/2022 | Son ANA e diagnosticáronme Trastorno do Espectro do AUTISMO. CAMPAÑA ISTO É TEA

Son ANA e diagnosticáronme Trastorno do Espectro do AUTISMO. CAMPAÑA ISTO É TEA

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a Ana. A realidade do trastorno do espectro do autismo en mulleres. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

 

20/05/2022

Hoxe presentamos a ANA. CAMPAÑA #ISTOÉTEA #SomosTEA #SON1Máis.

"Vivín co sentimento permanente de non encaixar, sen saber que pasaba. Por que me comportaba así e non encaixaba no meu traballo nin lograba ter amizades, sufrín ansiedade e depresión ao tratar de axustarme ás circunstancias que me eran incomprensibles."

O autismo está caracterizado polas dificultades de comunicación, a relación social e a presenza de patróns ríxidos de pensamento, conduta ou interese e/ou alteracións sensoriais que condicionan a inflexibilidade e a funcionalidade da persoa.

A sintomatoloxía é moi diferente en mulleres e homes. Temos que ter en conta o espectro dentro do autismo. Sobretodo, as mulleres sen discapacidade intelectual poden enmascarar as sinais de TEA polo seu patrón de desenvolvemento máis similar a outras mulleres.

As ferramentas diagnósticas baséanse en síntomas que aparecen en homes, polo que non se axustan a detección de TEA en mulleres.

Considerábase que por cada 4 homes con TEA había unha muller. É probable que exista un subrexistro de mulleres con Tea, en especial as que teñen un rendemento cognitivo alto, posiblemente relacionado coas técnicas de avaliación ou incluso coa falta de adecuación dos niveis de alerta en nenas.

Aínda así o aumento de casos de mulleres con TEA, está empezando a constatarse e é posible que siga avanzando según mellore esas técnicas de avaliación.

"Unha das cousas que máis valoro foi a chegada do meu diagnóstico, o que me permitiu entenderme mellor a min mesma, dar sentido a moitas cousas e buscar os apoios para atopar o meu lugar."

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Fernández Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira e Sara Piñeiro (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

Lembramos a Guía: A detección do TEA nas mulleres. Realizada por Autismo Galicia. Unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios que  lle permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero, e de esta forma, desde Autismo Galicia seguir visibilizando á muller con TEA na procura de que se mellore a detección temperá e se teña en conta as súas necesidades na atención sanitaria.

 

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

 

 

COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:

Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.

Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias