Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia. | 19/05/2022 | Xornada formativa en accesibilidade cognitiva.
Xornada formativa en accesibilidade cognitiva.
A formación impartirase para o equipo da Fundación Meniños e focalizarase tanto no trastorno do espectro do autismo como na accesibilidade cognitiva, sendo a mellora da contorna, a súa comprensión e a adaptación das persoas aos diferentes contextos os obxectivos principais da mesma.
20/05/2022 -
Dende Federación Autismo Galicia por medio de canles a favor da sensibilización no TEA –Trastorno do Espectro do Autismo- e das súas características, deseñamos plans formativos que promoven estratexias e coñecemento específico cara o TEA e mais cara as dificultades que se subtraen do mesmo: a nivel social, comunitario e laboral.
Unha didáctica teórico-práctica rexerá esta formación para o equipo da Fundación Meniños, que está dedicada á protección dos dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social.
A actividade formativa incidirá nas diferentes estratexias conceptuais e metodolóxicas para un abordaxe global en accesibilidade cognitiva, ademais de concretar as características propias do TEA e promover actuacións favorables para a intervención e trato. Motivaremos así, habilidades profesionais do equipo de Meniños para o impulso da participación e o desenvolvemento persoal das persoas con TEA.
DATA e HORA: 20 Maio de 2022, en horario de 9.30 h a 10.30 h
DESTINATARIOS: Profesionais Fundación Meniños.
RELATORAS: Cristina Couto, psicóloga da Federación Autismo Galicia, e Aitana García, técnica de accesibilidade da federación Autismo Galicia.
ESPAZO DE CELEBRACIÓN: Teleformación.
Lugar de celebración:
Formación Modalidade ONLINE
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades