Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/04/2021 | A Federación Autismo Galicia, informa, forma e sensibiliza a máis de 685 alumnos e alumnas de Galicia, co seu proxecto 1 de 100.

A Federación Autismo Galicia, informa, forma e sensibiliza a máis de 685 alumnos e alumnas de Galicia, co seu proxecto 1 de 100.

Formación para o alumando do grado de enfermaría da Escola de Enfermaría de Ourense da Universidade de Vigo na atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia.

15/04/2021

O pasado luns 12 de Abril continuamos co proxecto 1 de 100. Nesta ocasión falamos co alumnado do último curso do grado de enfermaría da Escola de Enfermaría de Ourense da Universidade de Vigo.

A actividade formativa realizada pola Federación Autismo Galicia e a súa psicóloga Cristina Couto co apoio da psicóloga de Por Eles TEA Ourense, María Garrido deu a coñecer o TEA  e a importancia de considerar as características da contorna, para realizar axustes razoables nas consultas sanitarias. Ademais déronse estratexias e ferramentas que poden axudar na atención, intervención e comunicación coas persoas con TEA.

Só un 7 % das enquisas contestadas polos participantes a esta xornada afirmaron ter coñecemento sobre o TEA  e un 93 % dos asistentes considerou que a formación ampliara os seus coñecementos.  A totalidade dos participantes considerou que a información lle será útil nas súas futuras intervencións.

A Federación Autismo Galicia, informa, forma e sensibiliza a máis de 685 alumnos e alumnas de Galicia, con resultados significativamente positivos en máis de 515 enquisas de avaliación do proxecto de sensibilización, información e formación 1 de 100.

Coa colaboración das Universidades galegas sumamos á formación ofrecida nas diferentes ramas profesionais coa formación máis vivencial e práctica específica e especializada en  TEA.

 

“Un de  Cen.  Comprendendo ou espectro”, é un proxecto integral que combina o  trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN, que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención sobre as necesidades e realidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda ao redor da súa singularidade.

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias