Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 06/02/2023 | A Federación Autismo Galicia realizou no ano 2022 actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria.

A Federación Autismo Galicia realizou no ano 2022 actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria.

No último ano tivemos a oportunidade de formar a máis de 440 profesionais no ámbito social e sanitario en relación a promoción da saúde a través do ocio, exercicio físico e deporte ou condutas desafiantes.


 

 

06/02/2023

A Federación Autismo Galicia ten un convenio de colaboración entre o SERGAS que ten por obxecto desenvolver actividades:  de sensibilización á sociedade, formativas no ámbito do TEA, de promoción da saúde e de melloras en accesibilidade cognitiva. A través do Convenio de colaboración afondamos de forma específica nas seguintes necesidades de transformación:

Sensibilización a sociedade

Abordamos as necesidades relacionadas coa humanización, accesibilidade e transferencia de coñecemento dentro do sistema sanitario como forma para superar ás barreiras que dificultan o acceso de pacientes con necesidades específicas de apoio, como poden ser as persoas con TEA.

Humanización e accesibilidade nos centros de saúde:

Levamos a cabo píldoras formativas nos centros de saúde da Rúa Cuba e no Centro de Saúde da Doblada de Vigo, para máis de 20 profesionais da saúde. Os contidos destas píldoras centráronse na adquisición de estratexias de comunicación e de manexo do paciente con TEA en consulta. Para isto, contamos coa colaboración da Fundación Menela.

Recomendacións e principios sobre a atención ás persoas con tea no ámbito da enfermería.

Fixemos recomendacións sobre a atención e accesibilidade ás persoas autistas no ámbito da enfermería.

Xornada co gallo do día da muller: Webinario saúde para todas: experiencias profesionais e testemuños de mulleres con TEA.

Contribuímos o coñecemento sobre a saúde específica da muller con TEA. A literatura dinos que as mulleres con TEA poden ter alteracións no ciclo menstrual, condicións comórbidas de saúde coincidentes coa menarquía (por exemplo crises epilépticas), ou ser máis vulnerables a ser vítimas de abusos sexuais.

De isto, falamos nunha xornada organizada por Autismo Galicia o 9 de Marzo. Esta actividade recolleu por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre o coñecemento da saúde e a detección e apoio das necesidades das mulleres con autismo e por outra, testemuños vitais de mulleres con TEA sobre as súas experiencias no coidado da saúde.

Podedes ler as conclusións da xornada neste enlace.

Desenvolvemento de actividades formativas específicas para profesionais no ámbito dos tea.

No último ano tivemos a oportunidade de formar a máis de 440 profesionais no ámbito social e sanitario en relación a promoción da saúde a través do ocio, exercicio físico e deporte ou condutas desafiantes.

Continuamos ofrecendo formación para contribuír a capacitación e o desenvolvemento profesional.  Consideramos que esta formación ofrécelle ós profesionais máis ferramentas especializadas para darlle un apoio eficaz ás persoas con TEA. As cales permitiralles desenvolver dunha maneira integral moitas capacidades e beneficiarse da participación en actividades de ocio ou actividade física, mellorando así a súa calidade de vida.

Xornada de humanización sanitaria: modelos de atención para saúde das persoas con autismo

Realizamos unha xornada en Outubro na Consellería de Sanidade que tivo por obxectivo comprender as necesidades das persoas con TEA no coidado da súa saúde e coñecer as boas prácticas que se están realizando na atención sanitaria ao paciente con TEA.

A xornada foi presencial e retransmitiuse online e contou coa colaboración de profesionais especializados en TEA, experiencias en primeira persoa, profesionais do sistema galego de saúde e da universidade.

Desenvolvemento de actividades relacionadas coa promoción da saúde, a adquisición de hábitos de vida saudables e habilidades funcionais nas persoas con tea

Somos conscientes das necesidades específicas que teñen as persoas con TEA para o coidado da súa saúde, condicionadas polas propias características do TEA e as características da contorna.

Manual “ Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas” 

Para facilitar a comprensión e o acceso as persoas con TEA ós procedementos sanitarios máis habituais, presentamos o manual “Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas”. Ofrecemos orientacións para prepararse de forma positiva nas consultas sanitarias e facer máis accesible o coidado da saúde, de forma adecuada ás persoas con TEA e as súas familias.

“Cóidome: adiccións”

É necesario fomentar hábitos de vida saudables mediante psicoeducación, sobre medidas de apoio e habilidades de afrontamento positivas para o desenvolvemento de habilidades funcionais nas actividades diarias e nos coidados persoais das persoas con TEA.

Fixemos unha actividade de promoción e coidado da saúde mental nas persoas con TEA. Nesta actividade buscamos identificar adiccións nas persoas con TEA, coñecer as sinais de alerta, as estratexias e ferramentas de prevención.

“Distribución do manual Coidamos-TEA”

Para traballar o coidado da saúde e adquisición de habilidades nas persoas con TEA e familias que acaban de recibir un diagnóstico de TEA, elaboramos unha “folla de ruta” que nos permite dar  apoio e mellorar o benestar socio-emocional. Esta folla de ruta esta plasmada nunha guía, xunto cun código QR que achegamos e distribuímos a profesionais sanitarios de 14 hospitais en 52 servizos, entre eles os de atención temperá, traballo social, pediatría, neuropediatría e saúde mental infanto-xuvenil.

“Presentación da difusión da “Guía Coidamos-TEA”

A Federación Autismo Galicia fixo unha presentación no Hospital Clínico Universitario de Santiago o día 13 de Outubro na compañía de Dna Estrella López, Xerente do Servizo Galego de Saúde, Dna. María Jose Menor, Subdirectora de Humanización e Atención ao Cidadán da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Dra. Susana Rey, Xefa de pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago e Cristina Couto, psicóloga da Federación Autismo Galicia. Presididas pola presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

Adestramentos en autocoidados e habilidades funcionais.

Realizamos un proxecto a través de Aspanaes para que as persoas con TEA realicen adestramentos en autocoidados (aseo, imaxe persoal ,etc.) e habilidades funcionais para ter hábitos saudables.

Desenvolvemento de mellora da accesibilidade cognitiva analizando barreiras que deben ser superadas mediante a colocación dunha sinalización nos centros sanitarios.

Durante este ano continuamos co traballo de humanización e accesibilidade cognitiva en espazos e servizos realizando a adaptación de espazos sanitarios da Área Sanitaria de Ourense e a área sanitaria de Vigo.

Ademais continuamos coa colaboración coa Subdirección de Humanización e Atención a Cidadanía da Área Sanitaria de Santiago e o Barbanza, sinalizando novos espazos do Complexo Universitario de Santiago de Compostela (Urxencias pediátricas, UCI Pediátricas, servizo de saúde mental infanto-xuvenil..) e o novo Centro de saúde da Estrada. 

Todas as actividades desenvoltas, dentro de cada acción, son o resultado dunha análise da realidade do colectivo, especialmente das persoas con TEA beneficiarias directas do resultados do programa.

Podes consultar máis accións da Federación Autismo Galicia neste enlace.

COLECCIÓN SAÚDE

 

 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre a Consellería de Sanidade- Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias