Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 04/10/2021 | WEBINARIO PARA PROFESIONAIS DAS ENTIDADES FAG “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”
WEBINARIO PARA PROFESIONAIS DAS ENTIDADES FAG “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”
ACTIVIDADE FORMATIVA EN LIÑA DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DA REFORMA DO CÓDIGO CIVIL. Implicacións para o acompañamento das persoas con necesidades de apoio. INSCRÍBETE NO CURSO NESTA LIGAZÓN.
27/10/2021 -
DESCRICIÓN:
Actividade formativa que recolle por unha banda, a orixe desta normativa, motivos polos que realiza a reforma e en que afecta ás persoas con TEA e as súas familias. Por outra, esta reforma dentro do Código Civil e outras normas modificadas.
Dirixido a: Profesionais que estean a traballar nas entidades federadas en AUTISMO GALICIA.
Data realización: Mércores, 27 de outubro de 2021
Horario: 17.00 a 19.00 h
Evento: En Liña a través de ZOOM
INSCRÍBETE NO CURSO NESTA LIGAZÓN.
Prazo de inscrición: Ata o venres, 22 de outubro de 2021, ás 23.59 h.
Uns días antes do evento, recibirás no correo electrónico facilitado, a ligazón de acceso ao Webinario. Comproba a bandexa de spam/ non desexados.
PROGRAMA
- Presentación do Webinario
- Intervención de: Dra. Eugenia Torres Costas. Doutora en Dereito. Avogada. Xestora de entidades sociais. Formadora. Membro do equipo de investigación De conflictu legum da Universidade de Santiago de Compostela.
TÍTULO: Orixe da reforma. Convenio dos dereitos das persoas con discapacidade.
- Por que se realiza esta reforma.
- Que modifica.
- En que consiste e como afectara as persoas con TEA e as súas familias.
- Intervención de: D. Víctor Manuel Vidal Pereiro. Notario. Delegado da Fundación Aequitas en Galicia.
Título: Reforma do código civil:
- Figuras e medidas de apoio.
- Outras normas que se modifican.
- Rolda de preguntas
- Peche do Webinario
Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).
Lugar de celebración:
En Liña a través de ZOOM.
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades