Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 09/01/2023 | CICLO FORMATIVO COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO

CICLO FORMATIVO COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO

O CICLO FORMATIVO en COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO é unha oferta formativa que consta de tres cursos: Curso 1: Comprensión e estratexias de apoio ao alumnado no espectro do autismo. Curso 2: Habilidades sociais no espectro do autismo. Curso 3: Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas no espectro do autismo: o apoio condutual positivo. INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

 

 

 

11/02/2023 - | Santiago de Compostela

PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2023

CICLO FORMATIVO: COMPRENSIÓN E APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO

CONSULTA E DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO COS TRES CURSOS DO CICLO FORMATIVO NESTA LIGAZÓN

PERSOAS DESTINATARIAS: O curso está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas no espectro do autismo: mestres/as, profesorado, educadores/as, persoal de orientación, psicoloxía, psicopedagoxía, logopedia, audición e linguaxe,  auxiliares técnicos educativos, coidadores/as, monitoraxe, formadores/as, así como outros profesionais interesados.

* NON está dirixido a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

NÚMERO DE PRAZAS: 30 prazas por curso. Asignación de prazas por rigorosa orde de inscrición tendo PREFERENCIA as persoas que se inscriban nos tres  cursos.

MODALIDADE: Presencial.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o venres, 3 de febreiro de 2023.

Confirmarase a praza por correo electrónico e facilitarase número de conta bancaria para facer o ingreso unha vez finalizado o prazo de inscricións.

PREZO: 65€ Cada curso. Prezo reducido de 160€ ao inscribirse nos tres cursos á vez.

INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

CURSO 1:COMPRENSIÓN E ESTRATEXIAS DE APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO

DATA: 11 de febreiro de 2023

HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.

LUGAR: Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela.

CURSO 2: HABILIDADES SOCIAIS NO ESPECTRO DO AUTISMO

DATA: 25 de febreiro de 2023

HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.

LUGAR: Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

CURSO 3: COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN SOBRE AS CONDUTAS PROBLEMÁTICAS NO ESPECTRO DO AUTISMO: O APOIO CONDUTUAL POSITIVO

DATA: 11 de marzo de 2023

HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.

LUGAR: Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

DOCENTE: MARLENE HORNA CASTIÑEIRAS

Psicóloga, especialidades Social e Clínica e con habilitación sanitaria. Máster en Atención Temperá, diploma en Criminoloxía e Diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde hai máis de vinte anos apoia a persoas no Espectro Autista e ás súas familias.

Comezou a súa traxectoria profesional na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela e continuou como orientadora dun colexio específico da asociación ASPANAES. Na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da Asociación Autismo Bata, en ambas actividades presta apoio a persoas no Espectro do Autismo e ás súas familias nas contornas naturais (fogar, escola, comunidade).

Forma parte da Rede de Canles de Asesoramento da Confederación Plena Inclusión e posúe unha ampla experiencia como docente, adquirida en cursos promovidos por diversas institucións, centros de formación do profesorado, asociacións e universidades. É autora do libro “Niños y niñas en el Espectro del Autismo. Comprensión y estrategias prácticas de apoyo educativo” da Editorial CCS.

 

 

 

Lugar de celebración:

Sede A Fundación.  Rúa do Vilar nº 19. 15705  Santiago de Compostela

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades
Entidades > > FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA