Formación e Actividades
© Federación Autismo Galicia | 04/05/2022 | Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA.
Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA.
Obxectivo do curso: Dinamizar e adaptar o exercicio físico e deporte para fomentar os hábitos de vida saudable e a participación das persoas con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
04/06/2022 -
Destinatarios: O curso está destinado a profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social, educativo e sanitario interesados no TEA.
Data: 4 e 5 de Xuño de 2022
Número de prazas: 15
Número de horas: 14 horas. 8 horas teóricas e 6 horas prácticas.
Modalidade: presencial.
Prazo de inscrición: ata 23 maio de 2022. Confirmaráselle a praza por correo electrónico.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Horario:
- Sábado: De 09:00 h a 13:00 h e de 15:00 h a 19:00 h
- Domingo: De 09:00 h a 13:00 h e de 15:00 h a 17:00 h
Programa:
Sábado (De 09:00 h a 13:00 h): Autismo e Educación Física .
- Que beneficios achega o exercicio físico?
- Por que realmente son importantes as actividades físico-deportivas no autismo en todas as etapas do ciclo vital?
- Alteracións da motricidade producidas por deficiencias a nivel do sistema vestibular, propioceptivo, etc.
- Utilización de actividades deportivas para a regulación emocional e conduta.
- Familias (Formas de traballar, colaborar e apoiar ás familias de persoas con TEA).
Sábado (15:00 h a 19:00 h ): Apoio as persoas con TEA
- Exercicio físico individual e/ou colectivo (apoio para a comprensión de normas, competitividade, etc.)
- Adaptación das actividades para mozos/mozas con percepcións sensoriais alteradas.
- Materiais a utilizar. Adaptación de materiais.
- Zonas de traballo adecuadas (seguridade, precaucións etc.) e aspectos relevantes a ter en conta á hora de preparar unha clase de Educación Física enfocada ao autismo tanto en interior como en exterior.
- Xestión do tempo e espazo
- Acceso e evolución das persoas con TEA nas actividades físicas.
Domingo (De 09:00 h a 13:00 h e de 15:00 h a 17:00 h : Da teoría en práctica.
- Casos teórico-prácticos.
- Traballo en equipo para a organización, estruturación e resolución de problemas relacionados coa Educación Física e o autismo.
- Test final.
- Espazo para preguntas e exposicións.
Docente: Sergio Gómez Gallo.
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Especialidade en deportes colectivos, recreación deportiva e traballo e educación en poboacións con necesidades especiais. Fundador e Director de empresa Deportea, destinada ao traballo con persoas con necesidades especiais. Traballo enfocado na actividade física e o deporte para a mellora psicomotriz de persoas con Autismo e todo tipo de trastornos que afecten á motricidade. Profesor e responsable da área de Educación Física en Chester College International School.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.
Lugar de celebración:
Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)
Arquivada en: