
36203 Vigo (PONTEVEDRA)
Presentación
-
A Fundación Menela é unha entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro que desde 1989 xestiona servizos para a mellora da calidade de vida das persoas con autismo e as súas familias.
Clasificada como Benéfico - Asistencial e de Interese Galego, figura rexistrada como entidade prestadora de Servizos Sociais e recoñecida como entidade de Acción Voluntaria desde 2005.
A súa misión é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e defender a súa dignidade como cidadáns, dando resposta as súas necesidades específicas ao longo de todo o ciclo vital.
Os compromisos asumidos coa misión, implican unha filosofía orientada á prestación de servizos de calidade baseados na mellora continua e unha aposta pola innovación, a fin de prestar servizos especializados e diferenciados que satisfagan as necesidades e o benestar das persoas usuarias e as súas familias.
O compromiso coa mellora continua, a transparencia, a confianza en nós mesmos, a honestidade e ética, o traballo de calidade, o respecto mutuo e a paixón polo saber, son os valores nos que cree e defende, representando o sinal de identidade da fundación.
Ser un referente na atención a persoas con TEA en Galicia, e ampliar o alcance dos nosos servizos a outras formas de dependencia, sólidamente relacionados con outras entidades do sector no ámbito internacional, constitúe a visión.
A Rede de Centros e Servizos para o Autismo e a Dependencia da Fundación Menela está constituída ademais polas entidades Castro Navás SL, empresa de inserción laboral para persoas con TEA que nace en 1998, e a Fundación Tutelar "Camiño do Miño", organización fundada en 2006.
Fundación Menela e Castro Navás S.L están certificados baixo a UNE-EN ISO 9001:2015, e o Centro Castro Navás baixo a UNE-EN ISO 158101:2015.SEDE SOCIAL FUNDACIÓN MENELA
Rúa Marqués de Alcedo,19 | 36203 Vigo
902 502 508/986 423 433
fundacion@menela.gal
CENTRO DE RECURSOS EDIFICIO CAMI
Rúa Laxe, 3 | 36202 Vigo
986 222 023
edificiocami@menela.gal
CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL MENELA
Camiño da Veiguiña,123 | 36212 Vigo
986 240 703
ceemenela@menela.gal
CENTRO DE DÍA E RESIDENCIAL CASTRO NAVÁS
Rúa Navás, 11 | 36391 Vigo
986 365 558
castronavas@menela.gal
Recursos
-
- Centro de Día
- Residencia
- Colegios de educación especial
Servicios
-
- Información y orientación
- Valoración, diagnóstico y orientación
- Colegios privados de educación especial
- Atención Temprana
- Servicio de atención diúrna terapéutica
- Servicio de atención residencial terapéutica
- Respiro Familiar
Equipo
-
- Cuidador/a
- Director/a
- Educador/a Social
- Logopeda
- Monitor/a de ocio y tiempo libre
- Pedagogo/a
- Psicóloga/o
- Técnico en integración social
- Terapeuta Ocupacional
- Trabajador/a social