Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 04/05/2022 | Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA.

Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA.

Obxectivo do curso: Dinamizar e adaptar o exercicio físico e deporte para fomentar os hábitos de vida saudable e a participación das persoas con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

04/06/2022 -

Destinatarios: O curso está destinado a profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social, educativo e sanitario interesados no TEA.

Data: 4 e 5 de Xuño de 2022

Número de prazas: 15

Número de horas: 14 horas.  8 horas teóricas e 6 horas prácticas. 

Modalidade: presencial.

Prazo de inscrición: ata 23 maio de 2022. Confirmaráselle a praza por correo electrónico.

 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Horario:

  • Sábado: De 09:00 h a 13:00 h e de 15:00  h a 19:00 h  
  • Domingo: De 09:00 h a 13:00 h e de 15:00 h a 17:00 h

 

Programa:

Sábado (De 09:00 h a 13:00 h): Autismo e Educación Física .

  • Que beneficios achega o exercicio físico?
  • Por que realmente son importantes as actividades físico-deportivas no autismo en todas as etapas do ciclo vital?
  • Alteracións da motricidade producidas por deficiencias a nivel do sistema  vestibular,  propioceptivo, etc.
  • Utilización de actividades deportivas para a regulación emocional e conduta.
  • Familias (Formas de traballar, colaborar e apoiar ás familias de persoas  con  TEA).

Sábado (15:00  h a 19:00 h ):  Apoio as persoas con TEA

  • Exercicio físico individual e/ou colectivo (apoio para a comprensión de normas, competitividade, etc.)
  • Adaptación das actividades para mozos/mozas con percepcións sensoriais alteradas.
  • Materiais a utilizar. Adaptación de materiais.
  • Zonas de traballo adecuadas (seguridade, precaucións etc.) e aspectos relevantes a ter en conta á hora de preparar unha clase de Educación Física enfocada ao autismo tanto en interior como en exterior.
  • Xestión do tempo e espazo
  • Acceso e evolución das persoas con  TEA nas actividades físicas.

Domingo (De 09:00 h a 13:00 h e de  15:00 h a 17:00 h : Da teoría en práctica.

  • Casos teórico-prácticos.
  • Traballo en equipo para a organización, estruturación e resolución de problemas relacionados coa Educación Física e o autismo.
  • Test final.
  • Espazo para preguntas e exposicións.

 

Docente:  Sergio Gómez Gallo.

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Especialidade en deportes colectivos, recreación deportiva e traballo e educación en poboacións con necesidades especiais. Fundador e Director de empresa Deportea, destinada ao traballo con persoas con necesidades especiais. Traballo enfocado na actividade física e o deporte para a mellora  psicomotriz de persoas con Autismo e todo tipo de trastornos que afecten á motricidade. Profesor e responsable da área de Educación Física en Chester College International School.

 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

Lugar de celebración:

 Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)

Archivada en: