Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 10/01/2023 | O Proxecto 1 de 100 plus da Federación Autismo Galicia achega medidas de accesibilidade a profesionais do ámbito sociosanitario: recursos e estratexias para a atención á persoa con autismo.

O Proxecto 1 de 100 plus da Federación Autismo Galicia achega medidas de accesibilidade a profesionais do ámbito sociosanitario: recursos e estratexias para a atención á persoa con autismo.

1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais, ademais de contribuír á sensibilización, á mellora do coñecemento dos profesionais colexiados e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas.

 

30/12/2022

Sensibilización e boas prácticas nos servizos profesionais sociosanitarios para as persoas con autismo.

.Ás dificultades que se centran no perfil das persoas con TEA (á hora de comunicarse e da comprensión da información, así como na interacción social), sumase ás carencias de medidas de accesibilidade cognitiva en diferentes contornas. Por isto a Federación Autismo Galicia dentro do proxecto 1 de 100 plus - financiado pola Diputación da Coruña - lanza unhas medidas específicas para mellorar a atención do usuario/a con TEA nas consultas e servizos de intervención sociosanitarias.

Sendo as consultas sociosanitarias unhas das máis demandadas polos pacientes con TEA -a causa das súas doenzas ou procesos rehabilitadores- é necesario dotar aos profesionais dos recursos e estratexias axeitados para o trato e atención especializada da persoa con TEA e as súas familias. Dando así prioridade, a un proceso de sensibilización cara os profesionais das ciencias da saúde,  que están en contacto directo coas persoas con  TEA.

Do mesmo xeito, os pacientes con TEA e os seus familiares veranse arroupados/as e comprendidos/as nos diferentes contextos sociosanitarios, xa que se atoparán con profesionais dotados con máis coñecementos e recursos específicos de cara o trato interpersoal e a intervención terapéutica para este colectivo.

Estas medidas concretas de accesibilidade cognitiva en contornas e na comunicación e trato, pódense descargar de xeito gratuíto PREMENDO NESTE ENLACE.

Deseño universal en todos os ámbitos da nosa sociedade

O proxecto 1 de 100 Plus pretende incidir sobre a necesidade fundamental de ter profesionais formados en accesibilidade cognitiva e na especialización de TEA, que palíen o descoñecemento e vulnerabilidade coa que frecuentemente se atopan na atención e o acceso aos servizos, as persoas con TEA.

O proxecto 1 de 100 Plus, da Federación Autismo de Galicia é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña que está destinado a superar barreiras cognitivas e comunicación social, que obstaculizan o desenvolvemento autónomo da persoa no espectro do autismo, nos servizos e centros sanitarios que realizan o apoio terapéutico ás súas necesidades.

Ten como obxectivo á sensibilización por medio dunha serie de formacións gratuítas enfocadas aos profesionais do ámbito sanitario para achegar ás particularidades do trastorno do espectro do autismo e ás estratexias en accesibilidade cognitiva para a mellora das intervencións e contornas sociosanitarias.

1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais, ademais de contribuír á sensibilización, á mellora do coñecemento dos profesionais colexiados e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias