A CASIÑA X SOLIDARIA: UN SINXELO XESTO DE XENEROSIDADE.

Imprimir

 

A CASIÑA X SOLIDARIA: UN SINXELO XESTO DE XENEROSIDADE.

Grazas as achegas das persoas contribuíntes que marcan a casa 106 de Actividades de Interese Social: A  CASIÑA  XSOLIDARIA, na súa declaración da Renda, as ONG mediante os seus proxectos sociais axudan a 7 millóns de persoas en situación de vulnerabilidade no noso país.

Cando as cidadás e cidadáns marcan a casa “X Solidaria” elixen o destino dunha pequena parte dos seus impostos.

 

 

No exercicio 2017, grazas a achega da  XSolidara, a Federación Autismo Galicia e as súas entidades realizaron actividades  dirixidas a  mellorar a  empregabilidade das  persoas con  TEA,  contribuíndo  ao  funcionamento  do  servizo de  emprego de Autismo Galicia dentro  do PROGRAMA de INSERCIÓN SOCIOLABORAL PARA  PERSOAS CON  TEA.

O destino da  XSolidaria reforzou a implementación de distintos programas como o PROGRAMA de SENSIBILIZACIÓN realizándose diversas  accións  encamiñadas a  xerar  coñecemento sobre o TEA e promover a sensibilización da  sociedade para favorecer a  súa inclusión social e a das  súas familias.

 

 

PROGRAMA de AUTONOMÍA  PERSOAL e PROGRAMA de  APOIO E DESCANSO FAMILIAS,   grazas a esta achega,  realízanse actividades de respiro familiar e lecer terapéutico  nas que participan  persoas con  TEA   pertencentes as entidades federadas. Estas actividades  supoñen un tempo de descanso para os familiares e  coidadores  habituais e  permítelles  dispoñer de tempo para  outros aspectos da  súa vida.

Programas que  atenden realidades,  dirixidos a cobertura das necesidades básicas, da calidade de vida das  persoas e das  súas familias.


 

Desde a Federación Autismo Galicia convidamos a todas as persoas a marcar a casa 106 de Actividades de Interese Social e a decidir, con este xesto solidario, o destino dunha pequena parte dos seus impostos co que se axuda a 7 millóns de persoas que o necesitan. Marcar a casa 106 non custa nada, xa que a persoa contribuínte non paga máis nin lle devolve menos. Ademais, tamén pode marcar a casa de Casa de Actividades de Interese Social xunto coa casa da Igrexa católica e destinar un 0,7% de cada unha delas. Por iso, este ano animamos a todas as persoas a marcar a X Solidaria e a practicar a  Rentaterapia, o exercicio que senta ben á persoa contribuínte e aos 7 millóns de persoas que o necesitan.

 

O pasado 4 de abril co obxectivo de concienciar á xente da importancia destas achegas económicas para axudar aos colectivos máis vulnerábeis,  unha cadea humana de máis de catrocentas persoas formou un visíbel “X” na Praza do Obradoiro, invitando á cidadanía a marcar o cadro “solidario” na declaración da renda, destinando deste xeito o 0’7% dos seus impostos para fins sociais.

A convocatoria organizárona as asociacións EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, baixo o lema #Rentaterapia.

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.