A Federación Autismo Galicia lanza a campaña de sensibilización “Derrubando mitos”

Imprimir

 

Chamamos á participación das persoas con TEA, para que expresen a súa opinión completando a frase “Eu son unha persoa con autismo e ...”

Se eres unha persoa con TEA, esta campaña está deseñada só para ti!!!

PARTICIPA: cóntanos como é a túa EXPERIENCIA.
MANDA A TÚA FRASE A: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Eu son unha persoa con autismo e.....
Yo soy una persona con autismo y ......

Conservaremos ol idioma orixinal da frase.

 

“Derrubando mitos”, é unha campaña de sensibilización que ten como obxectivo visibilizar o TEA dando voz ás propias persoas con autismo.

Por iso, chamamos á participación das persoas con TEA, para que cada unha exprese a súa opinión completando a seguinte frase: “Eu son unha persoa con autismo e...”

Con esta iniciativa, daremos a coñecer unha mirada máis ampla e profunda ao redor da singularidade e capacidades das persoas con TEA, incidindo ao mesmo tempo en novas visións e espazos de reflexión respecto diso.

Como participar?

Para participar, tan só hai que enviar a frase ao correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Desde o departamento de comunicación da Federación Autismo Galicia engadiremos unha imaxe para compartila despois nas nosas redes sociais.

 

 

 

E se tes dúbidas chámanos!! 981589365

Imos inundar as redes coa NOSA FORMA DE SER.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.