|
29.12.2009
11:32:57
|
|||
|
A Federación AUTISMO GALICIA vén de por en marcha a Rede Galega Comunitaria de Autoapoio, a través dun blog aloxado na súa páxina web. A este blog terán acceso todas as persoas relacionadas coa atención ao colectivo con TEA (entidades, profesionais da atención sanitaria e educación, voluntariado, persoal laboral), e tamén calquera persoa interesada nos problemas dos Trastornos do Espectro Autista ou afectada por estes dalgunha maneira. Para participar neste blog, só hai que crear unha conta de usuario/a, e enviar os comentarios ou intervencións que se desexe realizar. A Rede Galega Comunitaria de Autoapoio está pensada para ser un instrumento de participación e intercambio de información, aproveitando o pulo das novas tecnoloxías e as oportunidades de contacto que ofrecen. Así, persoas ubicadas en lugares distantes, e que moitas veces se ven imposibilitadas de asistir a encontros ou tomar parte en actividades que poderían facilitar o manexo das situacións cotiás, terán a posibilidade de facer preguntas, contar experiencias, coñecer pautas de actuación e falar con profesionais e outros membros da comunidade que viven as mesmas situacións. Grazas por participar. Colabora: Deputación de A Coruña
|
|||
Blog
Ultimos Blogs
Acceso
Comentarios Blog
|
Calendario Blog
| < | Setembro 2010 | > | ||||
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | |||


11:32:57

