autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

TEAdmiro, unha ventá para descubrir os talentos das persoas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

Fundación Orange e Autismo Burgos promoven o portal TEAdmiro, unha plataforma web que mostra os talentos das persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA).


A iniciativa, que foi presentada recentemente no Congreso Internacional de Autismo Burgos, recolle outros xeitos de mirar a realidade e aspira a mostrar unha singular e diferente maneira de estar no mundo a través das obras realizadas por persoas con autismo.


Vídeos, pinturas, fotografías, cómics, poesía... a web www.teadmiro.com recolle unha ampla diversidade de formas de expresión, un paseo polas obras realizadas por persoas con autismo para poder gozar e compartir outros xeitos de mirar a realidade.

O Terceiro Sector de Galicia convoca unha xornada sobre os perigos do Anteproxecto de ‘Ley General de Subvenciones’

Correo-e Imprimir PDF

Máis do 70% das ONG e entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos ás persoas en risco de exclusión e pobreza poderían desaparecer se continúa, nos mesmos termos, a reforma da ‘Ley General de Subvenciones’ que prepara o goberno central.


 

As tres plataformas de ONG galegas (EAPN Galicia, CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD) que representan á práctica totalidade do Terceiro Sector de Acción Social e de Cooperación para o Desenvolvemento de Galicia organizan unha xornada sobre o Anteproxecto de ‘Ley de Subvenciones’ para analizar a reforma desta normativa ante os riscos e cambios que implican para as entidades sen ánimo de lucro, que verán enormemente dificultado o seu labor.

As modificacións que se contemplan no anteproxecto poderían prexudicar seriamente todo o traballo que veñen realizando dende hai anos as organizacións non lucrativas para tentar mellorar a situación de milleiros de persoas en risco de pobreza ou exclusión social. Por este motivo, organízase este encontro que se celebrará o vindeiro 5 de xuño no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago de Compostela ás 10:00 horas para poñer en coñecemento das entidades do sector as consecuencias que vai ter a devandita reforma se chega a aprobarse.

Correos e Aspanaes inauguran a exposición de Mail Art que recolle obras de persoas con autismo e de artistas internacionais

Correo-e Imprimir PDF

No acto de presentación, que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, estivo acompañado pola presidenta da asociación Aspanaes, María José Álvarez Folgar, o director de Zona 1 de Correos, Ángel Pérez Pérez, e o subdirector de Responsabilidade Social Corporativa, Jesús Evangelio; así como o mailartista Manoel Bonabal, que prestou o seu apoio a esta iniciativa.

En xuño do ano pasado, Correos lanzou a I Convocatoria Internacional de Mail Art, realizando un chamamento a artistas de todo o mundo a través de obras de arte postal creadas por persoas con autismo da asociación coruñesa Aspanaes.

 


Nos colexios e centros da asociación, persoas con autismo realizaron máis de 700 obras postais que foron enviadas a mail-artistas de todo o mundo facéndoos partícipes desta iniciativa. Máis de 300 responderon a esta chamada enviando as súas obras e superando todas as expectativas dos organizadores. Recibíronse obras dende Xapón, Rusia, Estados Unidos, Brasil, Canadá ou Australia, e por parte de recoñecidos mail-artistas como Ryosuke Cohen, o berlinés Eberhard Janke, a rusa Tatiana Makarova, así como de mail artistas españois coma César Reglero, Miguel Jiménez, Manuel Ruiz, Manuel Xío e, como non, do mail-artista compostelán promotor desta iniciativa Manoel Bonabal.

Galegos con discapacidade alertan da situación de "exclusión" que viven en educación, traballo e accesibilidade

Correo-e Imprimir PDF

O Parlamento galego arrancou este luns os traballos da Comisión Non Permanente de Seguimento das Políticas de Discapacidade e Elaboración de Novas Propostas para a Integración das Persoas con Discapacidade. Nela, interviñeron os voceiros do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), que coincidiron en alertar "da situación de anormalidade democrática" que viven estes colectivos en materias como formación, acceso ao mercado laboral, accesibilidade ou ocio.

Deste modo, o presidente de CERMI, Anxo Queiruga, lamentou que o colectivo da discapacidade "segue sendo un grupo social estruturalmente excluído, sen recoñecemento pleno de cidadanía e moi lonxe dos avances dos dereitos que o conxunto da cidadanía considera normais", polo que reclaman medidas que vaian en favor da súa "autonomía real". "Non podemos estar continuamente mendigando, pendentes do que outros nos queiran ofrecer", queixouse.

 


 

Entre as críticas, Queiruga censurou "a carencia" nas redes de centros de atención temperá e a falta dunha educación "inclusiva", así como o baixo índice de formación dos nenos con discapacidade. Advirte de que "non hai mecanismos" para que os mozos poidan decidir "o seu propio futuro", córrese "o risco de pasar de nenos a maiores" unha vez remata a escola obrigatoria. Entón, "poden entrar nun limbo", as dúas únicas saídas do cal son, segundo recrimina Queiruga, ir a unha institución ou "converterse nunha parte máis da casa".

 

O mundo da discapacidade recoñece o labor de Servimedia no seu 25 aniversario

Correo-e Imprimir PDF

O mundo da discapacidade, co CERMI como máximo representante, ofreceu esta mañá en Madrid unha merecida homenaxe á axencia de novas Servimedia polos seus 25 anos de vida, sempre cun enfoque social nas súas informacións. Ao acto, que se celebrou no Centro Internacional da Prensa de Madrid, acudiron representantes dun gran número de entidades do terceiro sector, pero tamén deputados das forzas políticas maioritarias no Congreso.

Páxina 10 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.