autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Novas

Specialisterne organiza unha presentación en Madrid

Correo-e Imprimir PDF

Specialisterne, unha empresa social especializada en proporcionar formación e oportunidades de emprego no sector das tecnoloxías da información a persoas adultas con TEA de alto funcionamento e síndrome de Asperfer, presentará o seu proxecto en Madrid, con motivo da próxima apertura da súa delegación na capital.

Por esta razón, invita ás familias e persoas con TEA interesadas a unha charla-presentación, que terá lugar:

  • Día: Luns, 6 de outubro
  • Horario: (dúas opcións) 18 h e 19:30 h
  • Lugar: Auditorio de ESADE Madrid (C/Mateo Inurria, 25-27 - Chamartín).

As persoas interesadas poden confirmar a súa asistencia e horario elixido a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Información máis detallada sobre esta empresa e as súas actividades aquí.

 

Fonte: Autismo España

Curso de Preparador Laboral Especialista en TEA

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia organiza o seu curso anual de Preparador Laboral Especialista en TEA e Outras Discapacidades, para o que se ofertan 15 prazas e que se realizará do 17 de outubro ao 9 de decembro.

Este curso, que se atopa dentro do Programa de Accións Formativas para Desempregados da Consellería de Traballo, pretende formar aos alumnos para desenvolver a profesión de preparador laboral, un especialista que ensina, acompaña e guía ás persoas con discapacidade, neste caso con autismo, no seu proceso de incorporación a un posto de traballo nunha empresa ordinaria.

Os alumnos estudarán as funcións que debe levar a cabo un preparador laboral e as técnicas coas que contan estes profesionais. Tamén aprenderán as características dos trastornos do espectro do autismo e como estas afectan á inserción laboral destas persoas.

Xa está en marcha o IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado

Correo-e Imprimir PDF

A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia), xunto ao CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, organiza para os días 9 e 10 de outubro a cuarta edición do Foro de Capacitación sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. A cita, baixo o lema “Democracia con transparencia ou desigualdade e corrupción?” levarase a cabo na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, e quere contribuír a analizar e dar visibilidade ás situacións de desigualdade que se viven hoxe na nosa comunidade.


O Foro contará con conferencias e mesas redondas nas que se debaterán distintos aspectos que afectan á inclusión social de colectivos vulnerables. Neste evento aberto ao público, preténdese fomentar o traballo colectivo entre diversas agrupacións, organizacións sociais, universidades, profesionais e outras institucións.

Os usuarios de Autismo Galicia gozan duns días de ocio e terapia con asnos Allariz

Correo-e Imprimir PDF

Nesta última parte do Programa de Ocio, Respiro Familiar e Campamentos de 2014, 6 nenos e 10 adultos con TEA viaxaron á vila ourensá de Allariz para realizar terapia asistida con asnos nas instalacións da Asociación ANDREA e pasar uns días de ocio e actividades ao aire libre.

Os exercicios cos asnos, como montar neles, cepillalos ou guialos a través dun percorrido de obstáculos permiten ás persoas con TEA establecer cos animais un vínculo que resulta moi beneficioso a nivel emocional, axúdalles a relaxarse e mellora a súa psicomotricidade.

Maremagnum XVIII: Ansiedade, acoso e inclusión nas persoas con autismo

Correo-e Imprimir PDF

Xa está aquí o novo número da revista Maremagnum, a única publicación galega dedicada aos trastornos do espectro autista.

Neste número 18, que leva por título, Ansiedade, acoso e inclusión nas persoas con autismo, distintos profesionais e investigadores achégannos aos obstáculos aos que se enfrontan as persoas con autismo no seu paso polos centros educativos ordinarios e mesmo no emprego. Dende o ensino de habilidades emocionais e sociais na etapa da educación primaria, ata os protocolos a seguir nas universidades que acollen a alumnos con TEA. Tamén nos achegamos ao mundo do traballo da man dunha persoa con TEA que nos relata a súa experiencia, non sempre doada.

Por último, coma sempre, dúas colaboracións literarias que nos falan sobre desigualdade e sobre as experiencias da infancia.

Páxina 6 de 54

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.