Logotipo de la Federación Autismo Galicia

Diagnóstico

 

A Avaliación e o Diagnóstico das persoas con T.E.A. constitúe o primeiro paso importante para conseguir que de forma obxectiva poidamos intervir adecuadamente, establecendo así os apoios e axudas necesarias. Canto antes se leve a cabo este diagnóstico, antes se pode intervir, o que vai a repercutir moi positivamente na evolución das persoas atendidas e nas súas familias.

 

O diagnóstico do autismo é moi complicado de levar a cabo, xa que é un trastorno sen marcadores físicos e neurolóxicos específicos, ademais de ser unha síndrome con tantas diferenzas individuais que non existe un patrón típico de evolución clínica. Por outro lado, temos que engadirlle a esta dificultade a escaseza de instrumentos específicos para que os pediatras e outros profesionais de atención temperá poidan utilizar para detectar indicadores de risco de T.E.A.

 

A aparente normalidade que moitos nenos/as con T.E.A. mostran no seu desenvolvemento inicial, fai que a detección dos seus problemas se realice tarde. É preciso diferenciar entre o momento de aparición do problema e o momento de detección, xa que moitas veces non coincide e isto retrasa todo o proceso de diagnóstico e intervención. Diferéncianse dúas formas de aparición:

 

Precoz e progresiva (é a máis común).

 

Cando os nenos/as presentan problemas xa dende o principio: dificultades de succión, hipotonía, pasividade, hipersonmia... ou ao contrario: hipertonía, irritabilidade, hiposonmia. Esta sintomatoloxía ás veces chega a desaparecer. O seu desenvolvemento psicomotor adoita estar dentro dos parámetros do normal. Pouco a pouco (dentro do primeiro ano) poden detectarse: falla de sorriso social, ausencia de condutas anticipatorias, balbucido ausente, problemas coa alimentación. Son nenos ás veces moi tranquilos que pasan desapercibidos.


A medida que medran (9-15 meses) apréciase ausencia de protodeclarativos, problemas da linguaxe, illamento social, xogo anormal. Entre 12 e 24 meses poden aparecer problemas de sono e alimentación.

 

Regresiva

 

Evolución aparentemente normal ata os 18 meses. De súpeto e sen previo aviso, os nenos/as empezan a presentar síntomas claros de autismo: illamento social, desviación en xogo normal, desaparece a linguaxe oral e o control de esfínteres.

 

Cando chegan ós 18 meses, o cadro de autismo xa pode ser moi evidente nunha serie de indicadores. Baron-Cohen et al. (1997) sinalaron tres indicadores clave que aparecen no CHAT, un instrumento de detección precoz do autismo en contextos de “Screening”. Os tres indicadores son:

 

  • Os xestos protodeclarativos
  • Seguimento da mirada
  • Xogo de ficción

En calquera caso, os nenos/as de 18 meses, xa poden presentar con claridade o conxunto das seguintes alteracións que poden empregarse como instrumento útil para o diagnóstico diferencial dos nenos con sospeitas de autismo, entre os 18 meses e os 3-4 anos.

 

Escenario e percorridos máis habituais dos nenos con TEA

 

Equipo diagnóstico nas entidades de Autismo Galicia. Características