autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Orientación Laboral

Correo-e Imprimir PDF

A Federación Autismo Galicia é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia en materia de información, orientación e busca de emprego e as súas actuacións, voluntarias e gratuítas, diríxense a mellorar as posibilidades de integración laboral e social das persoas con autismo ou outras discapacidades, que estean inscritos como demandantes de emprego.

As accións levadas a cabo dende o servizo de orientación laboral están baseadas na consideración dos aspectos persoais e do entorno das persoas con discapacidade, individualizando e personalizando o asesoramento en función das necesidades particulares de cada persoa na súa busca activa de emprego, e favorecendo as súas posibilidades de inserción no mercado laboral nas condicións máis acordes coas súas propias capacidades e intereses persoais.

A metodoloxía de traballo desenvolta polo/a técnico, dende o servizo de orientación laboral, atende aos seguintes aspectos:

  • Tratamento da demanda: Realización de entrevistas personalizadas aos demandantes de emprego co obxecto de elaborar unha diagnose individualizada sobre o seu perfil, as súas necesidades e as súas expectativas.
  • Información: Proporcionar información a cada usuario sobre os servizos que presta o Servizo Público de Emprego de Galicia, o mercado de traballo, o apoio ás iniciativas emprendedoras, a oferta de accións formativas para o emprego, os incentivos e medios dispoñibles para o fomento da contratación, o proceso de recoñecemento sobre as competencias adquiridas a través da experiencia laboral, os métodos e técnicas de busca de emprego, etc.
  • Orientación: Deseño, elaboración e realización de itinerarios individuais e personalizados de inserción adecuando os intereses e motivacións do demandante á situación actual do mercado de traballo, mellorando de este modo a súa empregabilidade.
  • Busca de emprego: Contacto con empresas para difundir información sobre as súas iniciativas para facilitar a inserción laboral.

 

Máis información: http://emprego.xunta.es/cmspro/contido