autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Emprego

Correo-e Imprimir PDF
Servizo de Emprego con Apoio

O Servizo de Emprego está dirixido ás persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA) que forman parte das entidades asociadas á Federación, tendo como obxectivo favorecer a inclusión sociolaboral das mesmas.

As persoas adultas con TEA, como membros activos da sociedade na que viven, teñen dereito ao emprego, o cal implica un medio para alcanzar un maior nivel de autonomía económica, unha plena participación e inclusión social, realización e desenvolvemento persoal e , en definitiva, unha mellor calidade de vida.

Para facer do dereito ao traballo unha realidade, diversas experiencias permítennos afirmar que o emprego con apoio se presenta como a modalidade de inclusión sociolaboral máis idónea para as persoas con TEA. Estas posúen competencias que lles permiten realizar traballos de calidade eficiente e competitivos , en empresas do mercado ordinario, sempre que se lles preste os apoios e recursos necesarios.

Co servizo de emprego prestamos apoio ás persoas con TEA mediante accións de formación e acompañamento no posto de traballo. Facemos orientación, formación e información a familias e así mesmo, realizamos accións na empresa de cara a difundir e asesorar sobre as vantaxes da contratación das persoas con TEA.

Practicas formativas en empresas: Convenios de colaboración: Carrefour e Residencia Bellavistacare.


Información e asesoramento a empresas: guía empregamos, guía coñéceos emprégaos e manual do/a preparador/a laboral.

REDE DE
TÉCNICOS
DE EMPREGO

DE GALICIA