autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Inclusión Social

Correo-e Imprimir PDF
Servizo de Inclusión Social

O obxectivo da inclusión social é favorecer a participación de forma igualitaria das persoas con TEA nos diferentes ámbitos que conforman a sociedade (económicos, legais, políticos, educativos, laborais, etc.), reivindicando o acceso aos recursos socias como cidadáns de pleno dereito.

As actividades que se promoven no servizo están encamiñadas a potenciar as habilidades adaptativas que lles permitan desenvolverse como persoas activas e integradas na comunidade, promovendo un óptimo desenvolvemento autónomo, fomentando o seu benestar e proporcionándolles diversas opcións e oportunidades para que poidan gozar dunha vida de calidade.

 

Comprendo o meu entorno, decido e participo

O acceso aos entornos sociais nos que desenvolvemos a nosa vida non se atopa limitado soamente por barreiras físicas, senón psicolóxicas, culturais, informativas e comunicativas. Destes factores tan variados depende a accesibilidade. Segundo o concepto europeo, a accesibilidade é a condición que posibilita chegar, entrar, saír, empregar as casas, as tendas, os teatros, os parques ou os lugares de traballo, así como participar en actividades sociais e económicas.

Cando a interacción entre as persoas vese dificultada por barreiras de actitude ou do entorno, falamos de falta de accesibilidade. Unha sociedade aberta e inclusiva debe modificar o seu entorno solidariamente para acoller ás persoas con discapacidade como parte enriquecedora da comunidade. Así se detalla na Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, na Lei de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Accesibilidade Universal da Persoas con Discapacidade e, mais recentemente, na Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social.

Unha das características nucleares dos TEA son as alteracións na linguaxe, o que interfire directamente na súa capacidade para interpretar e interactuar co mundo que os rodea. Esta carencia comunicativa pódese suplir con sistemas alternativos e aumentativos da comunicación. Gracias ao seu excelente pensamento visual, as persoas con TEA atopan un grande apoio no uso de imaxes, que lles permiten asimilar mellor a información. A experiencia demóstranos que os pictogramas son unha moi boa ferramenta para a comunicación coas persoas con TEA:

- Facilitan a comprensión da mensaxe

- Facilitan a expresión

- Centran a atención

- Axudan a estructurar o tempo e o espazo e a planificar

 

 

Tan só en Galicia, estímase que viven arredor de 2.000 persoas con TEA que, coma calquera outra persoa, teñen dereito a utilizar as instalacións e servizos públicos en igualdade de condicións. Por este motivo, en Autismo Galicia puxemos en marcha o proxecto de accesibilidade en concellos galegos, co obxectivo de lograr que as persoas con TEA da nosa comunidade poidan gozar de espazos adaptados ás súas necesidades comunicativas e nos que se sintan cómodos e seguros. Ademais de axudar ás persoas con autismo ou con outros problemas de comunicación a desenvolverse de xeito mais autónomo, as adaptacións con pictogramas servirán para dar visibilidade a este colectivo.

Coñece mais sobre a accesibilidade nas persoas con TEA: materiais

 

As adaptacións

Para realizar as adaptacións contamos coa colaboración das entidades que forman a Federación, coas que se traballa de xeito conxunto e coordinado nas catro provincias galegas. Representantes de ASPANAES, Fundación Menela, TRASCOS e Capaces Lugo forman a Comisión de Accesibilidade de Autismo Galicia, encargada de establecer criterios técnicos comúns sobre accesibilidade para a poboación con TEA, elaborar materiais formativos e informativos sobre esta materia e controlar o desenvolvemento do proxecto.

O proceso paso a paso

1. Un equipo multidisciplinar formado por técnicos de la Federación y las asociacións provinciais participantes valoran las necesidade y seleccionan los espacios a adaptar.

2. Mantemos unha xuntanza coa concellería responsable destes espazos para presentar o proxecto e gañar a súa colaboración.

3. Realizamos un estudo sobre o terreo das adaptacións necesarias en cada espazo.

4. Elaboramos os pictogramas e trasladámolos á concellería para que esta se encargue de elaborar a sinalización.

5. Realizamos unha segunda visita técnica ao espazo para colocar os pictogramas axeitadamente.

6. Avaliamos o resultado en función de distintos indicadores.

 


Ver mais fotos das adaptacións


Onde estamos agora

A Estrada

Xa ten adaptadas as súas dúas piscinas municipais, unha de verán e outra climatizada. (Ver nova)

Santiago de Compostela, Lugo e Ourense

Co compromiso dos concellos e o apoio das entidades locais, estamos colocando xa os pictogramas en todas as instalacións deportivas municipais.

Culleredo

Tras lograr o compromiso da Concellería de Deportes, está pendente de comezar o traballo nas instalacións.


Con que apoios contamos

Para levar a cabo o proxecto, contamos co apoio de Fundación ONCE, que contribúe co seu financiamento, coas concellerías participantes, que asumen o custo da sinalización, e co portal ARASAAC, cuxos pictogramas utilizamos para as adaptacións.


Novas relacionadas

As instalacións deportivas de Santiago serán accesibles para as persoas con autismo

Ourense súmase ao proxecto de accesibilidade

O proxecto de accesibilidade de Autismo Galicia chega a Lugo

Fundación ONCE continúa apoiando o proxecto de accesibilidade

A Estrada adapta as súas piscinas municipais con pictogramas