autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Guía ELECCIÓNS MUNICIPAIS E EUROPEAS DO 26 DE MAIO 2019

Correo-e Imprimir PDF

 

 

 

icon Guía ELECCIÓNS MUNICIPAIS E EUROPEAS DO 26 DE MAIO 2019

 

Esta guía nace da necesidade de adaptar os procesos e espazos electorais a cidadanía para que poidan exercer con plenitude o seu dereito ao voto, seguindo o artigo 21 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

A finais do ano pasado (BOE do 6 de decembro de 2018 ) o Boletín Oficial do Estado publicou a Lei Orgánica de modificación da Lei do Réxime Electoral Xeral (Loreg), que permite a todas as persoas con discapacidade, sen exclusións, exercer o seu dereito a voto.

Nas eleccións municipais e europeas que se celebrarán o vindeiro domingo 26 de maio votarán por primeira vez as persoas con TEA que estaban incapacitadas xudicialmente, sendo o obxectivo da Federación Autismo Galicia facilitar a súa participación e garantir o seu dereito ao voto.

Mediante a elaboración dunha guía práctica adaptada e apoiada con pictogramas, pretendemos facilitar a comprensión daquelas persoas que se benefician de apoios visuais.

A fonte destes pictogramas é ARASAAC (Portal Aragonés da Comunicación Alternativa e Aumentativa) e poden atoparse instrucións para o seu uso e colocación na guía de descarga gratuíta editada pola Federación “Comprendo o meu entorno”

Para facer máis eficaz este dereito debemos adaptar os procesos ás diferentes necesidades que poidan presentar as persoas con discapacidade ou con calquera tipo de dificultade ou trastorno. O primeiro paso é eliminar as barreiras tanto arquitectónicas como cognitivas ( accesibilidade universal) que permitan un acceso pleno ao exercicio do voto.

A accesibilidade é unha característica dun espazo ou servizo que fai que calquera persoa poida utilizalo de forma autónoma, independentemente dás súas particularidades físicas, sensoriais ou intelectuais.

A accesibilidade cognitiva abarca todas aquelas estratexias que axudan a que as persoas que presentan necesidades derivadas de procesos cognitivos diferentes poidan acceder á información e procesala para utilizala na súa adaptación ao medio.

No caso das persoas con TEA, unha área de especial dificultade é o procesamento da información que vén da contorna social e a interacción con outras persoas. Por iso, é importante levar a cabo unha mellora da sinalización dos espazos e a secuencia de acción a realizar en cada un deles, como se propón na guía descargable para estas eleccións municipais e europeas.

Apertas e a votar!!

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.