autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

PROGRAMA DE FORMACIÓN: APOIOS VISUAIS PARA MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS CON TEA E ÁS SÚAS FAMILIAS

Correo-e Imprimir PDF

 

CURSO APOIOS VISUAIS PARA MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS CON TEA  E ÁS SÚAS FAMILIAS


ENLACE DE INSCRICIÓNS

Algunha vez fixécheste algunha das seguintes preguntas: pero se utilizo apoios visuais non se volverá máis vago?; como podo facer para que non lle afecten tanto os cambios?; por que non me fai caso por máis que lle ensino o pictograma?; que é mellor, utilizar fotos ou pictogramas?; por que seguimos tendo tantos problemas se lle anticipamos tódalas actividades?; por que faime caso soamente cando o debuxei se entendeume perfectamente ao dicirllo con palabras?;  como podo saber se segue precisando este apoio visual?; etc.

No curso daremos resposta a estas e a outras moitas interrogantes sobre o bo e mal uso dos apoios visuais, e de que maneira podemos utilizalos para axudar ao noso fillo a vivir máis tranquilo, aprender cousas, ser máis flexible, auto regular o seu comportamento, relacionarse mellor con outras persoas, etc., dende un enfoque práctico a través de numerosos exemplos.

 

PROGRAMA

 

  1. Comprender para apoiar mellor á persoa no espectro.
  2. Pensadores e aprendices visuais.
  3. Comprendendo porqué xorden as conductas problemáticas.
  4. Apoios visuais para axudar a comprender o espazo e o tempo.
  5. Apoios visuais para traballar  a flexibilidade ante os cambios e entender e respectar as normas.
  6. Apoios visuais para fomentar a autonomía e independencia.
  7. Apoios visuais para mellorar as relacións cos demais.

 

 

Destinatarios: o curso está destinado exclusivamente a familias de persoas con TEA, tendo preferencia as familias socias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

Número de prazas: 35

Data de realización: 08/06/2019

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30

Lugar de realización: Centro Abanca , Edificio IESIDE. Rúa Nova nº 33, Santiago de Compostela

Prazo de Inscrición: Ata o 21 de maio de 2019

Prezo: 65€.

Familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia: 12€

 

Docente: Marlene Horna Castiñeiras

 

 

Marlene Horna Castiñeiras, Licenciada en Psicoloxía, Diploma de Estudos Avanzados e Master en Atención Temperá. Conta con máis de 15 anos de experiencia no ámbito dos Trastornos do Espectro do Autismo. Posúe ampla experiencia como docente, adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, universidades e asociacións. Na actualidade traballa de forma autónoma en entornos  naturais e na Asociación Bata.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.