autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia #TEACTIVA no II CONGRESO INTERNACIONAL ASPANAES

Correo-e Imprimir PDF

STAND INTERACTIVO da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA no II CONGRESO ASPANAES


O Stand Interactivo da Federación Autismo Galicia, ofrece a posibilidade de achegarte ás propostas da Federación, coñecernos e ter información dos nosos programas e proxectos.

Para isto teremos a vosa disposición variados recursos e poñeremos en acción tres actividades conxuntas durante toda a xornada do venres e do sábado.

Teremos unha Zona - TI CONTAS!, para quen esté interesado en traballar ou facer vínculo con nos, outra zona MUNDO – sobre accesibilidade, e a Zona TEACTIVA!!!

Achégate a nos para descobrir a nosa rede de servizos, cómo funcionamos e o que podemos facer por ti.

 

 

Federación Autismo Galicia #TEACTIVA
PARTICIPA / VISIBILIZA / FÓRMATE / INFÓRMATE

Programa:


VENRES 10 / 5
De 9:00h a 19:30h

SÁBADO 11 / 5
De 9:00h a 16:30h

LUGAR: PALEXCO CORUÑA

 

Zona TI CONTAS!

Tráenos o teu CV para contar co teu talento na Federación e nas nosas entidades.
Queremos coñecerte!
Poderás entregar o teu CV en man, traendo un documento ou deixándonos os teus datos.
E se queres recibir INFORMACIÓN dos Programas Formativos da Federación apúntate para que poidamos enviarche toda a info actualizada.

 

Zona MUNDO - Accesibilidade.

A Federación Autismo Galicia leva acabo un programa específico destinado á mellora da accesibilidade das contornas e recursos para as persoas con TEA en distintos contextos: no eido sanitario, no eido social e no eido educativo.
¿Queres facer un mundo accesible? Contámosche cómo.

 

Zona TEACTiVA

Non te vaias sen contarnos qué é o que #TEACTIVA, emociona, e gusta da xente con TEA.
Achégate ao noso pequeno pero moi agarimoso PhotoCool.

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.