autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

A Xunta instala máis de 200 pictogramas en San Caetano para facilitar a súa accesibilidade

Correo-e Imprimir PDF

O día 9 de Xaneiro, celebrouse o acto de presentación da instalación de mais de 200 pictogramas no Edificio Administrativo de San Caetano da Xunta de Galicia realizado en colaboración coa  Federación Autismo Galicia ,  baixo o lema :  “Por un Entorno social amigable e comprensible”.

Estiveron presentes, Fabiola García, Conselleira  de Política Social, o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Don Alfonso Rueda, xunto coa Presidenta de Autismo Galicia, Mª José Álvarez e a xerente Patricia Blanco.

Para a Federación Autismo Galicia e cantos a integran dende as asociacións de familiares e persoas con trastorno do espectro do autismo a adopción de medidas como a que presentamos son fundamentais para avanzar na inclusión e a participación na sociedade das persoas con trastorno do espectro do autismo. Alfonso Rueda, insistiu en que “esta debería de ser unha medida absolutamente normalizada, estas persoas teñen dereito a acceder a todos os servizos administrativos”.

Parte do traballo da Federación Autismo Galicia é aunar esforzos coa comunidade para romper as distintas barreiras cognitivas e de comunicación que atopan as persoas con autismo.

É necesario adoptar diferentes medidas necesarias e axustes razoables para a adecuación de espazos ou servizos que permitan a participación de todas as persoas en igualdade de condicións.

Ademais de axudar no plano práctico, facendo do edificio de San Caetano un entorno máis comprensible e amigable, a adaptación dos espazos de atención ao público, outorga visibilidade a este colectivo e constitúe unha notable acción de sensibilización.

O proxecto xera a súa vez, formación, información e coñecemento para os profesionais dos departamentos adaptados do Edificio Administrativo de San Caetano, na comprensión do autismo, na conciencia das súas necesidades e nas medidas de comunicación que poden contribuír a accesibilidade cognitiva non so do entorno, senón tamén dos servizos da administración.

O proxecto de adaptación con 218 pictogramas de procedencia do portal aragonés Arasaac, suma esforzos na mellora da accesibilidade para todos, que a Federación Autismo Galicia ven facendo con case 10000 pictogramas en diferentes espazos en contornas sociais, como pavillóns, centros culturais, centros educativos e na contorna sanitaria como no Hospital Clínico de Santiago Hospital Materno Infantil, Álvaro Cunqueiro, o complexo Universitario de Ourense ou nos 33 centros de saúdos das diferentes EOXI da nosa comunidade.

Rueda avanzou que a instalación de estos 218 pictogramas será "so o principio. A nosa obligación, por coherencia, é ir estendendo a todos os edificios da Xunta".

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.