autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Aberta a inscrición na III edición dos cursos formativos sobre Educación no ámbito do TEA

Correo-e Imprimir PDF

PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA. Abordaxe do TEA no ámbito educativo

 

A Federación Autismo Galicia organiza no primeiro cuatrimestre do 2019 a III Edición dos cursos de formación nos que se aborda o tratamento das persoas con TEA dende a prespectiva da Educación. Están dirixidos a profesionais do ámbito educativo como mestres, educadores, orientadores, coidadores... que non pertenzan a entidades asociadas á federación.

Os tres cursos serán impartidos por Marlene Horna Castiñeiras. Licenciada en Psicoloxía, Diploma de Estudos Avanzados e Master en Atención Temperá. Conta con máis de 15 anos de experiencia no ámbito dos Trastornos do Espectro do Autismo. Posúe ampla experiencia como docente, adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, universidades e asociacións. Na actualidade traballa de forma autónoma en entornos  naturais e na Asociación Bata.


TARIFA REDUCIDA realizando a INSCRICIÓN NOS TRES CURSOS

AS PRAZAS OUTORGANSE POR RIGUROSO ORDEN DE INSCRICIÓN. TEÑEN PREFERENCIA OS QUE SE APUNTEN AOS TRES CURSOS.

 

 

PRIMEIRO CURSO: 'Apoios visuais como ferramente de intervención nos Trastornos do Espectro do Autismo'.

OBXECTIVO
Que os participantes no curso aprendan como intervir e axudar ás persoas con TEA en diversos contextos empregando diferentes tipos de apoios visuais.

DATA DE CELEBRACIÓN
23/02/2019

LUGAR
Santiago de Compostela
Centro Abanca. Edificio IESIDE. Rúa Nova 33. Santiago de Compostela  

 

SEGUNDO CURSO: 'Habilidades sociais en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo'.

OBXECTIVO
Que os participantes no curso adquiran recursos e ferramentas para ensinar ás persoas con TEA a desenvolverse socialmente.

DATA DE CELEBRACIÓN
09/3/2019

LUGAR
Santiago de Compostela
Centro Abanca. Edificio IESIDE. Rúa Nova 33. Santiago de Compostela  

 

TERCEIRO CURSO: 'Intervención sobre as condutas inadecuadas en persoas con TEA'.

OBXECTIVO:
Que os participantes no curso entendan por que se producen e mantéñense as condutas inadecuadas no contexto escolar ordinario. Saber que detrás destes comportamentos existe un motivo que aprenderemos a descubrir e analizar para así planificar e intervir de forma proactiva.
Aprenderanse diferentes estratexias para resolver estes problemas tanto a través do ensino de habilidades ao alumno como a través de adaptacións na contorna, xa sexan de tipo físico, metodolóxico, social ou outros. Aínda así, ás veces chegamos tarde e a crise desencadéase polo que tamén aprenderemos que facer e que non facer nestas situacións.

DATA DE CELEBRACIÓN
06/4/2019

LUGAR
Santiago de Compostela
Centro Abanca. Edificio IESIDE. Rúa Nova 33. Santiago de Compostela

 

 

 

En Autismo Galicia desenvolvemos actividades formativas para:

Profesionais:

Formación dirixida a profesionais interesados en formarse no ámbito do autismo. A súa finalidade é formar e divulgar o coñecemento sobre os TEA.

Persoas desempregadas:

Formación específica dirixida a persoas traballadoras desempregada no ámbito dos TEA. A súa finalidade é mellorar as súas posibilidades de inclusión laboral.

Voluntarios:

Formación dirixida a voluntarios e voluntarias e persoas interesadas nas labores de voluntariado. A súa finalidade é acadar unha maior integración do voluntario na entidade e mellorar a súa cualificación para facilitar o seu traballo.

Capacitación dos RRHH:

Formación dirixida ao persoal técnico da Federación Autismo Galicia. A súa finalidade é actualizar os seus coñecementos e mellorar a súa capacitación profesional.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.