autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Autismo Galicia recoñece a “implicación” da EOXI de Santiago na mellora da atención ao paciente con TEA

Correo-e Imprimir PDF

A subdirectora de Calidade e Atención ao Doente, Beatriz Pais, a directora xerente de FAG, Patricia Blanco Riveiro, a presidenta da FAG, María José Álvarez Folgar e a xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez durante o acto, de esquerda a dereita

 

A Federación Autismo Galicia fixo entrega dun Recoñecemento expreso á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago polo “seu compromiso na mellora da atención con persoas con trastorno do espectro do autismo”. A presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar e Patricia Blanco Riveiro, directora xerente, participaron no acto xunto coa xerente de Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, que estivo acompañada pola subdirectora de calidade e atención ao doente, Beatriz Pais.

A Federación de Autismo, que aglutina a 13 asociacións que prestan servizos integrais e específicos a persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) considera que “a EOXI de Santiago é pioneira na mellora da comprensión dos espazos e procesos, así como a capacitación dos profesionais a través de estratexias para o manexo co paciente TEA”. Con este recoñecemento “a Federación Autismo Galicia desexa agradecerlle á xerencia da EOXI así como a todo o equipo de profesionais que participaron activamente na implantación destas medidas –manifestan- o esforzo compartido que a día de hoxe se traduce nunha mellora substancial da accesibilidade dos pacientes con autismo aos seus centros sanitarios e aos seus servizos”.

Entre as medidas levadas a cabo destaca a mellora da accesibilidade cognitiva de espazos sanitarios mediante a colocación de sistemas alternativos de comunicación, “pictogramas”. Foron instalados nas áreas hospitalarias de neuroloxía de adultos, pediatría, neuropediatría e urxencias pediátricas, en tamén nos espazos de consultas e salas de espera así como en todos os centros de saúde de Santiago, Ames e A Estrada. Vanse implantar tamén en A Pobra, Ribeira e Rianxo antes de que remate o ano e irá estendéndose a toda a área. Con esta acción preténdese facilitar a comprensión dos mesmos ás persoas con problemas de comunicación, apoiando a súa autonomía persoal, a súa seguridade no entorno da consulta e convertendo esta nun espazo máis amable e humano.

 

Tamén se levan a cabo medidas para facilitar a atención sanitaria do paciente con TEA nos procesos de consulta e hospitalización, a través de dúas medidas que benefician, tanto a éste como ao persoal clínico: a implantación dun check list e a designación de neurólogo e xinecóloga de referencia. Ter un profesional de referencia significa que o paciente con autismo será sempre atendido polo mesmo facultativo, isto resultará altamente beneficioso tanto desde o punto de vista da relación médico-paciente, como dende o punto de vista da propia intervención clínica posto que se poden adoptar unha serie de medidas que favorecerán o desenvolvemento desta.

 

Outra das medidas son as xornadas de formación/sensibilización entre os profesionais sanitarios (facultativos e de enfermería, hospitalarios e de atención primaria) sobre necesidades especiais das persoas con TEA e o uso da Tarxeta AA, que privilexia a accesibilidade ao sistema sanitario.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.