autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Xornada informativa de 'Specialisterne' para a inserción laboral de persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

 

O vindeiro 17 de novembro, as seis da tarde, en Santiago de Compostela, a empresa social Specialisterne presentará a súa proposta de inserción laboral para mozos e adultos con TEA.  Está destinado a familias e/ou interesados con diagnóstico de autismo de alto funcionamento ou síndrome de Asperger. Tamén profesionais do ámbito TEA ou similares que queiran coñecer este modelo de formación.

 

Specialisterne, os especialistas, en danés, é o nome dunha empresa social cuio obxectivo é axudar a conseguir un emprego a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA). A actividade de Specialisterne consiste en evaluar, formar e proporcionar traballos de alto valor engadido a persoas con autismo ou síndrome de Asperger. Specialisterne realiza a avaliación e formación destas persoas para poder satisfacer as necesidades de clientes de sectores como TI, telecomunicacións, saúde, servizos financeiros e farmacéutico, así como do sector público, que precisan para determinadas tarefas a persoas con paixón polos detalles, capacidade de concentración e perseveranza para as tarefas repetitivas.

Inscrición: aquí

Máis información: aquí

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.