autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Publícase o número XXI da Revista Maremagnum, adicada a 'Saúde e Autismo'

Correo-e Imprimir PDF

Dende hoxe mesmo xa se pode ler o novo número da revista científica Maremagnum, editada pola Federación de Autismo Galicia dende hai 21 anos. Este número XXI leva por título ‘Saúde e Autismo’ e nela reflexionase sobre as necesidades sociosanitarias das persoas con TEA. Os oito artigos que aparecen en Maremagnum XXI están elaborados por recoñecidos especialistas relacionados co ámbito do TEA e vertebrados entorno o tema da saúde.

Maremagnum está dirixida polo psiquiatra Cripriano L. Jiménez e publícase nunha edición bilingüe debido a súa gran repercusión entre centros, entidades e profesionais do resto de España e Iberoamérica.  Ademais da súa edición en papel tamén se pode descargar en pdf neste enlace.

Consulta e descarga de todos os números da revista Maremagnum

 

O número XXI da revista Maremagnum foi presentada esta semana en Vigo no marco da Xornada de Saúde e Autismo polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García quen destacou a enorme paixón e sabiduría do seu director, Cipriano Jimenez.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cipriano Jiménez, director de Maremagnum, Valentín Garcia, director xeral de Política Lingüística e a directora xerente de Autismo Galicia

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.