autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Recoñecidos profesionais do eido sanitario dánse cita en Vigo na Xornada 'Saúde e Autismo'

Correo-e Imprimir PDF

 

A Fundación Menela e a Federación Autismo Galicia celebran este xoves 5 de outubro en Vigo a xornada  ‘Saúde e Autismo’ na que recoñecidos profesionais do eido sanitario achegarán as dificultades coas que se atopan as persoas con autismo para acceder ao sistema sanitario. Tamén se presentará o número XXI de Maremagnum, única revista galega sobre o Trastorno do Espectro do Autismo e un referente para todo o colectivo. Maremagnum está editada pola Federación Autismo Galicia e está dirixida por Cipriano L. Jiménez Casas, director xeral da Fundación Menela

 

A xornada será inaugurada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero quen dará paso a mesa redonda ‘Rompamos xuntos barreiras polo autismo. De cara a unha accesibilidade universal nos servizos sanitarios’.  Nela os expertos Raúl Crespo e Silvia Eiroa, falarán do Acceso das persoas con TEA a consulta de odontoloxía.  Pola súa banda Teresa García e Cristina Couto, de Autismo Galicia centrarán  a súa ponencia nos ‘Sistemas Sanitarios equitativos, efectivos  e con máis valor’. Por último, as psicólogas Pilar Pardo e Antía Fernández centráranse en ‘A saúde como reto na calidade de vida das peroas con TEA’. Esta mesa redonda será presentada e moderada por Beatriz Pais, ex subdirectora Xeral de Atención ao Cidadán do Sergas.

A segunda da mesa redonda leva por título ‘Accesibilidade dos Servizos de Saúde para persoas con TEA’. Aquí daránse cita representantes dos tres grandes centros hospitalarios de Galicia: Delicias Muñoz, do Álvaro Cunqueiro de Vigo, Estrella López do CHUS E Catía M. Martínez, do CHUAC. Será moderada pola ex conselleira de Sanidade,  Pilar Farjas.

Asemesmo, o catedrático de Oftalmoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Sánchez Salorio, pronunciará a conferencia magxstral "Cambio de papeis na  función social do médico".

 

Finalmente Patricia Blanco, directora xerente de Autismo Galicia e Cripriano Luís Jiménez, director de Maremagnum presentarán esta revista xunto co Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.  Maremagnum conta con artigos de personalidades como o presidente da Real Academia de Mediciña e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, dos creadores da recoñecido programa TEAyudamos ou do catedrático de Oftalmoloxía, Manuel Sánchez Salorio, entre outros

 

A xornada celébrase na Sede Afundación Vigo, entre as 9 e as 14 horas. A aforo está completo.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.