autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Fundación ONCE lanza o seu Programa de Becas para estudantes universitarios con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

Fundación ONCE presenta a primeira convocatoria do seu Programa de Becas para estudantes e titulados universitarios con discapacidade. Este proxecto, que se enmarca dentro do seu programa de prácticas externas ‘Oportunidad al Talento’, pretende promover unha formación superior de excelencia, a mobilidade transnacional e a especialización dos estudantes con discapacidade en áreas de especial empregabilidade.


O obxectivo do Programa de Becas de Fundación ONCE, desenvolvido no eido do Espazo Europeo de Educación Superior para o curso académico 2014-2015, é aproveitar o talento dos estudantes e impulsar a carreira académica e investigadora dos universitarios con discapacidade para fomentar así a súa inclusión laboral en empregos altamente cualificados.

 

Poderán solicitar as becas e axudar todos os estudantes e titulados universitarios que teñan nacionalidade española e unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33%.


O programa recolle as seguintes modalidades de becas: mobilidade transnacional, para máster e posgraos, de doutorado, á investigación e prácticas en empresas estudantes con gran discapacidade.


Poderanse presentar as solicitudes a partir do 16 de xuño. Máis información aquí.

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.