Formación
|
A acción formativa supón un aspecto básico no desenvolvemento, non só da dimensión profesional das persoas, senón tamén da súa dimensión humana. A formación continua é unha necesidade e un obxectivo primario que a Federación AUTISMO GALICIA se marca para o desenvolvemento óptimo no traballo coas e para as persoas con T.E.A.
Pero tamén é un obxectivo da Federación AUTISMO GALICIA proporcionar formación axeitada á sociedade en xeral interesada no coñecemento do noso eido de actuación, así como ofertar formación xeral en colaboración con outros organismos.
O Departamento de Formación da Federación AUTISMO GALICIA canaliza a súa acción formativa nas seguintes direccións:
SERVIZO DE FORMACIÓN INTERNA
SERVIZO DE FORMACIÓN EXTERNA
|



